Vamos continuar axudándolles a buscar ideas para poder facer a memoria do ano 2007 e así que poidan xustificar os investimentos que estan sin facer:
Gardería de Portonovo en Baltar: 380.000€, que sería de moitas de nos sen as sufridas aboas que renuncian a unha hora de piscina matutina por quedar con netiños, e xa se sabe que como coas aboas con ninguén van estar mellor.
Gardería do Revel – 2ª anualidade 2007: 600.000€, a primeira anualidade era para os planos e o cartel en época electoral, os cabalos non están e agora a tirar para diante.
Terreos e construción. Casa da Cultura de Dorrón: 300.000€, para esto é un pouco cedo pois xa miraron polo descanso eterno e algo tamén lles ten que caer as outras parroquias.
Campo de Fútbol de Noalla – 2ª anualidade 2007: 557.725,22€ , o fútbol en breve poderemos xogar, pois a inauguración prevese para finais de febreiro.
Urbanización Rúa Sanxenxo (Padriñán): 750.000€, hai Louzán espabilame que logo vaite pillar o tren e non vas das feito, non ves que foi o primeiro que dixo a Alcaldesa que ía solucionar e inda estamos como hai 1 ano.
Recuperación litoral Ría de Arousa- 2ª anualidade 2007: 659.548,87 €, sexamos claros o primeiro é o primeiro que é botarlle área a Silgar logo xa se ocuparan dese litoral que hai anos que segue da mesma forma e os temporais non lle afecta, pero agora que o penso ¿A onde foi parar a 1ª anualidade?
Centro Cultural Revel – Vilalonga – 2ª anualidade 2007: 1.018.155,46 €, dentro e pouco xa os velliños de Vilalonga van ter onde bailar e os da Cultural tamén inda que estes días xa se queixaron de que o salón lles vai quedar pequeno porque teñen que achicar a obra e todo por culpa porque alí nace un manancial de auga pero non hai mal que por ben non veña pois vanlles colocar unha fonte e así desconxestionan un pouco a de Fontoira. Pero ¿a fonte vai custar o mesmo ca estrutura que non se vai facer? ¿Que van facer coa diferencia pois si a obra vai ser máis pequena saldrá máis barata?
Casa Priorato de Arra – Adina – Restauración: 100.000 €, co barateira que é esta obra é normal que primeiro se fagan as máis caras, e si un favor persoal: coidade ben da viña que ten 200 anos e de hai podemos sacar uns reservas para brindar nas inauguracións.
Mellora entorno capela de Gondar: 110.000 €, seica xa esta feito pois instalaron un baño e agora so falta esperar que algunha empresa caritativa cos veciños se decida a facerlles o local, porque mira que non presentarse ningunha o concurso (sinceramente creo que é polo presuposto un pouco baixo non?)
P.D. En infraestruturas en instalacións deportiva: 395.000 €, non se dan conta que grazas o que chove estes días no concello disfrutamos doutra piscina dentro do pavillón de Baltar, non esta climatizada pero a auga da choiva e moi boa para a pel.
Adquisición de terreos. Colexio Vilalonga: 300.000 €, que mal rollito se pode causar se os cativos se enteran disto, se os netos da miña sogra se enteren van facer unha manifestación para que o colexio o merquen dunha vez e o tiren para que poidan disfrutar dunha gran praza pública, eses con tal e non ir o cole, hai se os nenos votasen.