Estes días non fago máis que escoitar o de “son de Pontevedra” “son galego e os galegos somos así” “son conservador” (Mariano Rajoy) e mostran como o PP é o defensor da familia, pero claro da familia conservadora, tradicional quedando excluídos todos aqueles que vivimos fora de “como Deus manda”, e para iso saen curas e bispos defendendo teorías medievais entrando no xogo político cando o seu labor debería ser o de predicar a Biblia e confesar.
A familia non hai que defendela pois a día de hoxe abarca moitos conceptos o que hai é que pórlles medios e presupostos para que a sociedade avance. Por iso lévome preguntando ¿que se fai en Sanxenxo? aparte de conceder axudas as familias máis necesitadas pois hai un montón de actuacións que se prometeron no seu día e que seguen sen levarse a cabo como as garderías de Portonovo ou de Vilalonga nuns casos por falta de cartos e noutros por errores por parte dos técnicos o obviar certos informes. O importante é que se fagan, que as mulleres teñan prazas onde deixar os cativos e así conciliar vida laboral con vida familiar e non poñer escusas cando hai administracións que ofrecen convenios para facer as obras e por non ser do mesmo color político rexéitanse de forma instantánea sen pensar que lle estan a resolver a situación a moitas familia.
Pero tampouco debo deixar de mencionar o colexio de Vilalonga que tanto prometeron facer no Revel e firmando un convenio con Educación no que se comprometían a poñer os terreos a disposición da consellería, terreos os cales inda non teñen e así van pasando os meses mentres que o colexio para o vindeiro curso non dispon das aulas suficientes e a demanda de prazas no comedor aumenta tendo lista de espera por todo isto ¿que é máis importante un campo de fútbol ou un colexio?¿que ten máis prioridade a formación dos nenos ou un centro sociocultural? Alédame o menos ver que tódolos partidos apoiaron a moción para levar a diante este proxecto tan necesario para unha gran parte do noso concello e para o benestar dos cativos pois eles son os que verdadeiramente lle dan significado a palabra familia, pero tamén me da magoa ler hoxe nos xornais como CODESEVI vai pedir que medioambiente non requira o informe ISA para que se siga co proxecto do Centro Sociocultural pero deixan de lado o colexio, a gardería e o centro de saúde ou ¿acaso con ter un espazo onde botar un baile xa teñen todo o resto arranxado?, isto soname a propaganda electoral e a puro interese e que cada un mire polo seu pero usamos o nome de representantes de tódolos veciños para que así semelle que hai peso pero os nenos e os pais tamén son veciños de Vilalonga.
As veces para crear grandes obras debemos empezar por cubrir as necesidades básicas dos veciños e unha vez cubertas e cando os empezaremos a construir as grandes obras e demais parafernalias.
Falar de FAMILIA non se debería tomar tanto a lixeira e menos facerse defensor cando se buscan argumentos arcaicos e so se aceptan un tipo de FAMILIA pois na variedade esta a riqueza da nosa sociedade e menos xustificando ese concepto por vivir en Pontevedra porque o único que se consegue e avergonzarnos o resto de Pontevedreses. Como ben dicía Confucio ” Onde hai educación non hai distinción de clases”