Atópome na prensa cunha palabra un tanto singular: CO.DE.SE.VI (Comisión para o Desenvolvemento Socio-Económico de Vilalonga). Unha comisión que aglutina a maioría das asociacións de dita parroquia pero o sorprendente non é isto senón que se puxeran todos de acordo para que dito grupo renacese como o Ave Fénix das cinzas para velar polo futuro da vila porque individualmente cada unha tira por un lado distinto da corda.
Vilalonga a terceira parroquia do concello e quizais a que aglutina máis promesas electorais pero onde nunca se realizan: Vilalonga vai ter unha gardería, vai ter un centro de saúde, vai ter un centro sociocultural, novas estradas, un paseo polo litoral da Ría de Arousa, unha gran praza “pública”, os seus veciños van disfrutar de seguridade vial, ......, inda me acordo das palabras que Telmo pronunciou durante a campaña electoral do 2003 nunha entrevista: “Vilalonga é rural, é a zona agrícola do concello” pois parece ser que esta idea sigue imperando na mente dos que nos gobernan pois o progreso parece que non é compatible co agro.
O que me produce estupor e pensar que no século que vivimos a xente ande a demandar Desenvolvemento Socio-Económico cando xa debería ser ofrecido dende o concello pero para reclamo primeiro haino que gañar cousa que teño a impresión de que non é así. A imaxe que reflexa Vilalonga non é máis que a de estar sometida a un servilismo caciquil por aqueles que se creen donos da verdade absoluta e pregúntome eu ¿Vilalonga ten necesidades?¿Vilalonga ten voz? Porque a veces teño a sensación de que é un pobo fantasma: case nunca protestan parece que so saen a luz cando a Alcaldesa os chama a filas como bos soldados rasos que son.
Sorprendeme de que a xente comenze a cansarse do mangoneo que existe, de que algúns a conta do pobo miren so polo seu propio interese ou por unha cor e logo escóndense detrás dun anónimo para dicir o que non se atreven a cara e fano no nome de todo o pobo de Vilalonga, refírome a unha carta que lle deixaron o cura de Noalla insultándoo como profesional e como persoa e dicíndolle que se fose de Vilalonga que o pobo non o quería que querían un cura como o que había antes, un cura servil, partidista, criticón pero bo compañeiro de subastado cos do PP que agora tanto o botan de menos, acabóuselles o compadreo . Lémbrome como as nais comentan que antes os nenos choraban e pataleaban por ir a catequese a que agora ían sen protestar, pero claro e mellor polo ben dun pobo poder manexalo o seu antollo a deixar que as xeracións novas progresen, é mellor privar os cativos da visita do Papa Noel por falta de cartos e así pagar un autobús para acudir o enterro de Cuiña (o gran valedor do pobo, pero non do de Vilalonga, senón do de San Vicente) cos cartos dos asociados, hai esta o verdadeiro problema de Vilalonga O PARTIDISMO prefírese baixar a orella fronte a ensinanza de valores como a liberdade ou o respecto polos demais, polas diferentes ideoloxías, pola diversidade cultural, agora a parte dos corrillos privados ¿onde esta o pobo protestando?¿onde estan as nais dos cativos que tanto se queixan? . Xa veredes “como outro virá que bo o fará”
Quizais o nome máis adecuado para CO.DE.SE.VI sexa o de Corporación do Desastre Servilista de Vilalonga, non solo hai que aparecer de vez en cando, hai que loitar polo ben do pobo sempre e si se pide desenvolvemento pídese de forma continuada e non so en momentos concretos. Oxala consigades o que pedides porque hai un ano que o deberiades estar reclamando e asegúrovos que vos sería moito máis útil e fácil facervos oír e conseguir as reclamacións, para todo hai o seu momento e oxala que o tren das oportunidades non vos pasara por Vilalonga e non souberades subir a el.
Mao Tse-Tun: " A crítica debe facerse a tempo; non hai que deixarse levar pola mala costume de criticar so despois de consumados os feitos"