sábado, 5 de enero de 2008

Día de presentación e día de ver os agasallos

Polo futuro das relacións veciñais

Estimados Concelleiros do Concello de Sanxenxo:

Estivemos revisando as súas cartas , cartas nas cales pedían os seus agasallos, e debido a escaseza de árbores polas talas masivas no concello e despois de moitas valoracións, estudos, debates,..., decidimos enviarlles esta carta para as 17 persoas da corporación municipal explicando que algunhas das súas peticións estan fora de lugar e por elo decidimos que na noite de Reis recibiran os seguintes agasallos:

Catalina González: pidiste 4 anos máis de poder, un xuíz amigo e que a maioria dos veciños cegos sigan sen ver e os xordos sen oir e por eso vamos a deixarche un teatriño con marionetas para que sigas entrenando e tamén a moneca Nancy para que lembres os teus orixes e unha chaqueta de rede cun xogo de agullas.

Salvador Duran: pidiste un bo terreo onde plantar os excedentes da tenda e un todoterreo para imprimir carácter e así poder ir a facer sendeirismo pero decidimos deixarche a comisaria de Playmovil para que poida organizar os axentes e non se perdan polas rotondas do polígono e a granxa de Piny Pon para que continúes coas tarefas do campo.

Mari Paz Lago: pidiste que este ano fagas a túa actuación estelar e unha praza no parlamento de Galiza pero decidimos deixarche uns cadernos de Santillana para inverno pois sabemos que no verán esta moi ocupada e un Nenuco para que comprendas o valor das garderías.

Angel Casal: pidiste un piso en primeira líña de praia e con accións no porto deportivo e no campo de golf de Monte Faro pero vamos a deixarlle un Tente de 1.000 pezas para que poida facer castelos e un xogo de Escadra, Cartabón e Compás para que poida medir os volumes.

Almudena Aguín: pidiste unha viaxe e a rotonda do polígono para chegar antes a casa pero vamos a deixarche un manual de como ser turista nun día e a Barbie viaxeira.

Manuel López: pidiste unha subvención a fondo perdido para instalar os paneis solares na túa vivenda e tamén un traxe de baño anti-contaminante para así poder bañarte en Nanín pero deixarémosche o vídeo de Al-Gore Unha Verdade Incomoda e tamén a piscina de Micky Mouse

Susana Fernández: pidiste que che deixáramos a enciclopedia económica de Rato pero decidimos deixarche un ábaco a ver si así non hai datos raros nas contas e o xogo de Maxia Borras porque hai que ser maga para que os orzamentos deste concello cadren.

Martín Otero: pidiste un balón de fútbol para estrear a cidade deportiva de Sanxenxo e unha bicicleta pero vamos a deixarche unhas pelotiñas de ping-pong pois e máis doado topar sitio para colocar a mesa e xogar que estrear o campo de fútbol e un Madelman para ver si así che sae o carácter.

Tino Sanmartin: pidiste unha moto para poder visitar os sitios onde fan falta obras e decidimos deixarche un xogo de construción de madeira e un coche de coleccionista para que poidas empezar tamén a coleccionalos como coleccionas obras sen facer.

Jose Luís Rodríguez: pidiste o bastón de mando e un bo chale onde ter armarios amplos e ata vestidor pero decidimos deixarche un dicionario de galego para que redactes no idioma da terra, un xogo de marquetería de Playschool para os teus ratos libres e un xogo de canos de verdura alta para que poidas ir xogar o golf.

Dulcinea Aguín: pidiste un ramo de rosas vermellas e o último libro de Garzón e por iso vamos a deixarche o manual de status político e un kit de xardinería para que poidas poidas axudarlle a Consellería de Medioambiente a avaliar o impacto ambiental e unha cinta métrica para poder medir a línea de costa.

Manuel Lores: pidiste unha axenda electrónica e unha piscina pero decidimos que a piscina xa a hai no Rebel e por iso vamos a deixarche a escavadora amarela de Playschool e o diario do Tio Gilito para que anotes os próximos eventos.

Ramón López: pidiste un xersei polar para non coller frío debido os humidais que existen e uns zapatóns para poder pasar pola rúa da Perla e por iso decidimos deixarche a equipación do Portonovo porque necesita reforzos e un xogo de petanca pois os parques para ir cos netos non estan en condicións

Roberto Lores: pidiste unha dorna con praza de atraque en Nauta e un mirador no Monte Faro para que se contemple a desfeita e por iso vamos a deixarche o barco de Playmovil que é fácil de conseguirlle un punto de atraque, uns zapatos de trenking para poder dicir que algún día había onde usalos e agora todo e chapapote e un xogo xadrez para que poidas comer a raiña.

Gloria Camiña: pidiste o arranxo do Pazo de Quintáns para poder xogar no parque e acceder a un piso de Insula pois a ver si como somos magos algun día os ve e por iso vamos a deixarche a casiña das monecas de Famosa que saen máis baratas e non fai falla asfaltarlle as pistas e tocouche o perfume típico de Nadal cun colar de contas para que así lle axudes os que tes enfronte.

David Otero: pidiste un quad para poder chegar a Dorrón pois a estrada non a dan amañado e o arranxo do muiño do Vimbieiro para poder moer para facer unha bola de pan como antigamente e decidimos deixarche un tren eléctrico porque vai chegar antes o AVE que amañen a estrada e un xogo de raquetas para que deixes de ver como se pasan as pelotas pero nadie as devolve

Sandra Fernández: pidiste que algún museo comence a funcionar e que poidas pasear polo borde da ría de Arousa e un novo xogo para tomar a tensión pero vamos a deixarche uns zapatos de tacóns de goma para que non sonen no salón de plenos e un xogo de Barriguitas enfermeiras.

So queremos dicir que a algúns estivemos a pique de non deixarlles nada pois quixemos que probaran a súa propia menciña: moito prometer e pouco facer.


Asinado: Melchor, Gaspar e Baltasar