Xa acabou o Nadal e tocanos voltar a cruda realidade da vida cotiá e a do concello. E hora de facer balance do ano pasado e cadrar as contas, números que non hai quen os cadre e menos sabendo que na caixa non hai cartos e que a hora de render contas non se vai saber onde foron parar pois duns orzamentos de 114 millons de euros ¿qué se executou?¿que investimentos se desenvolveron?, claro esta que a parte dos gastos de persoal, de mantemento das instalacións e dos soldos ¿onde foi parar o resto?.
Estes son algúns dos investimentos que ían facer (algúns xa son tan vellos que parece que non os fan para que o ver os investimentos nos acordemos deles, non nos vaiamos esquecer de que inda non se fixeron):
- Novo mercado de Sanxenxo: 3.000.000€ aparece unha nova lei e adeus proxecto, si é que cando non se fan ben as cousas.
- Mellora das estradas Dorrón-Bordóns-Nanín: 3.000.000€. Estarán a ver si baixa o chapapote ou Pavimentos de Meaño ten un oco na axenda ou a Deputación non da mandado a orde.
- Humanización travesía PO-308 en Portonovo: 2.059.282€. Humanizada esta pois por ali a xente a noitiña vai andar e ata che da para botar unha parrafada cos coñecidos. Pero claro, os cartos usaronnos para mercar Punta Vicaño e inda por riba a empresa adxudicataria anda algo mosqueada.
- Parque de Punta Vicaño (adq.+acondicionamento): 7.900.000€. Acondicionar o que se di acondicionar non está e para iso que para pagar pediron un prestamo, venderon as vivendas sociais de Faro e usaron os cartos da partida anterior. (unha confesión: eu un xestor así non o quero)
- Campo de Golf municipal: 2.000.000€. Menos mal que xa chove e poden sementar a herba, e que coa sequia que habia non se podian regar o cespede.
- Dotación de aceras en Noalla -Telleiro: 1.800.000€. A mesma situación de antes ou a empresa non ten oco ou non dan fabricado baldosas, hai Louzán que abandonados nos tes.
- Museo do Mar - Restauración(Portonovo):600.000€ . Vai ser que confunden restauración patrimonial con restauración gastronómica e pensan que con ir comer uns bolos a Portonovo xa cumplen
- Museo do Sal. Noalla (Acondicionamento restauración): 600.000€ de urbanismo. Home, eiqui arranxaron os muros, pero a eses cartos non foi ¿onde van o resto?
- Cidade deportiva de Sanxenxo 2ª anualidade 2007: 892.530,67€. Empezaronna pero non se sabe cando vai continuar, hai falta de cartos e para iso que si a empezaron este ano ¿os cartos da 1ª anualidade do 2006 pagariannos?
- Estrada parque empresarial – Vilalonga: 300.000€ . Esta é a estrada tan famosa últimamente, seguriño que problemas co prezo do chapapote, por deus como vai quedar Vilalonga sen o tan prometido acceso o parque e menos si as rotondas dos extremos van estar feitas en breve. Vou ter que pedir eu un encontro coa alcaldesa e Louzán a ver se damos feito algo.
- Completar obra carretera Nantes: 240.000€. Moito empezar e pouco acabar, e que sempre hai algún veciño que non deixa que as obras sigan adiante porque se pillan un metro de máis ou o muro non e da altura correcta, pero asi mentras o taller de turno non da abasto montando amortiguadores e rodas novas. E conste que aquí Louzán non ten nada que ver asi que Catalina vai dando a orde de acabar.
- Humanización núcleo urbano da Revolta: 400.000€ de urbanismo. Este núcleo si se esta humanizando pois co volumen de pisos novos cada día hai máis humanos vivindo ali.
- Creación da área recreativa en Adina e Casa de Cultura: 320.000€. A área recreativa xa a temos cos seus bancos e as súas árbores (o millor de todo e o acceso directo a través dela para Enmacosa ,sussss pero non o comentedes moito, Susssss) a casa da cultura xa é outro tema, e que iso da cultura parece que lles tira para atrás, pero o que vamos ¿qué pasa coa diferenza de cartos?
- Urbanización do novo cementerio de Dorrón: 485.358,13 €. Bueno o fin algo rematado, e que non hai nada millor que velar polo descanso eterno dos nosos veciños, Amen. E que non che hai como ter un concelleiro de obras preocupado polo fogar futuro que van ocupar os moradores da súa parroquia, moi ben. E que o paso que vamos inda hipotecaremos o nicho.
Esto é o que hai, pero non vos preocupedes que na segunda parte seguirei dando ideas para justificar o que non se fixo.