Vamos que esa telleira leva moitos anos alí, e moitas veces se reclamou a súa limpeza e o concello pasou olímpicamente ata o punto de crecer unha árbore no seu interior. Esto so pon en evidencia o estado de abandono que tivo este lugar durante moitos anos.
Pero cales son os motivos da súa limpeza agora? Pois moi sinxelo, aquí limpan e acondicionan cando lles interesa, non o fan polo ben dos veciños ou para revalorizar a zona porque si fora así esta limpeza a farían a principios de verán para que os visitantes ao noso concello pudesen disfrutar do que tanto presumen agora.
Pois ben, según as miñas informacións, a finais de novembro, sobre o 27, esta previsto inaugurar unha exposición coas pezas que se obtiveron na excavación arqueolóxica do castro da Lanzada, a través da Diputación e do Museo Provincial. E claro, necesitan o entorno en condicións de ahí tamén que a diputación colaborase en dita limpeza e así seguir sacando máis notas de prensa a conta da Telleira.
Telleira que foi inaugurada no seu día coa típica festa de empanada, viños e polbo e co reparto das susodichas camisetas laranxas para logo ser pechada porque necesitaba obras, tempo no que xa sufreu inúndacións e esta a ser usada como sede do grupo GDR O Salnés e permanece pechada para os veciños. Claro que agora poden volver por un pinchito para celebrar esta reapertura temporal e logo volver a reinaugurala preto da campaña electoral.

Suponse que o remate desta exposición a Telleira volvera a pecharse.
Porque se escolle a Telleira? todo indica que a elección deste espazo faise para poder dicir que a Telleira vai funcionar e así intentar calmar as augas en Vilalonga e porque non hai outro espazo público dispoñible para tal evento, porque haí que recordar que a tan promocionada rede de museos ten os seus edificios a piques do derrumbe e entre eles o Pazo Quintáns de Noalla, parroquía onde esta o castro excavado.