Esta noite pasada estabache eu algo desvelada e douseme por ollar o panfleto municipal inda que nada novo me ia atopar si me puxen a ler o artigo escrito polo dono dunha bodega e fixome gracia un par de puntos que non podo deixar de comentar.
O primeiro é no que di o seguinte: "Unhas campañas turísticas ben deseñadas, cuns principios básicos de actuación e promoción, permiten ós sectores da hostalería e a restauración coexistir con outros como a pesca, o agro ou a horta. E non só iso, senón que calquera destas outras fontes de riqueza pode verse beneficiada polo empuxe do turismo e da clientela potencial que se localiza no noso entorno." Pois cun chisco de sorte cando lean esto os de turismo tomaran nota xa que como todos sabemos aquí a única campaña que se promociona é a de Villas Marineras porque do resto na de na e para ter fontes de riqueza hai que traballalas ao longo do ano, non so 4 meses ao ano.
O segundo é no que di o seguinte: "As adegas de Sanxenxo carecen de grandes explotacións, pola contra teñen un marcado carácter familiar e minifundista que caracteriza á sociedade na que vivimos" pero vamos a ver non se trata de carácter da sociedade senón de que Sanxenxo quedou sen ningunha área de protección agrícola no PXOM, onde antes había leiras de cultivo agora hai SUs paralizados, onde antes había terreo para ampliar esas explotacións nos últimos anos houbo especulación urbanística. Mira que pronto se soluciona o minifundismo cando a túa leira quedou dentro dun SU ou dun PEI, xa podias tela a albariño e dicir que che fai falta para o cupo da bodega que é o teu medio de vida que o final expropiancha sin máis. Esa é a realidade.
En Sanxenxo hai tempo que se lle dou a espalda ao agro, hai tempo que so se primou a área e o ladrillo en vez de fomentar os piares que os nosos antergos nos deixaron, perdeuse tanto que non temos nin un elemento etnográfico do rural en condicións, porque levar a xente a unha adega para que vexa como se fai o viño coa única intención de que logo merque a botella do viño non é suficiente, a xente hai que transmitirlle valores, sentimento e traballo e non so miralos como posibles euros.
Porque organizar un par de visitas guiadas durante a vendima e facer que os turistas sexan participes non é tan difícil pero claro logo disertamos de que hai que facer, de que hai que promover pero a hora de mover o cu e implicarse recuamos, non vaia ser que veñan 20 turistas a andar pola viña, coman un par de kilos de uvas e inda por riba perdamos o día de vendima.
Non moi lonxe de Sanxenxo, no concello veciño, si se levan iniciativas a cabo deste tipo, despois da visita a bodega teñen un museo da muller labrega que visitar, unha ruta da auga, ...........
Agora que estamos en tempos de vacas fracas máis dun seguro que quedou sen os bos pastos nos que poder rumiar a gusto en vez de facelo no cemento que quedou apilado sen poder rematar de levantalo.