Este fin de semana Catalina aplicouse o conto ese que dí que cando a auga non vai polo teu rego fai una canalización nova que cha devolva.
E para iso nada mellor que mandar polos bares do concello os seus fieles cunha especie de enquisa de intención de voto ou máis de exámen veciñal porque as preguntiñas non teñen desperdicio e aventuran un gran éxito de recheo da enquisa, a verdade é que cubrir a pregunta para valorar aos concelleiros do PP do 0 ao 10 é para porlle un 0 a todos máis grande é redondo cas cabazas do Samaín.
So espero que esa chea de papeliños impresos non saría dalgunha dependencia municipal, e que o consumo de tinta e de papel non se incrementará nos últimos días para satisfacer certos egos personais. Porque esa enquisa foi repartida por persoas afíns a alcaldesa e incluso presumían dese feito.
Esta é a terceira enquisa que fan dende o verán, sinal que os resultados non lle son do seu agrado que andan a probar enquisa tras enquisa para ver si nalgunha sona a frauta por casualidade, inda que claro, coas preguntiñas que fan nesta máis que frauta pode soar toda a banda municipal incluido os músicos profesionais que contratan as veces.