martes, 30 de noviembre de 2010

Contra os eucaliptos chalets de luxo

Así era o monte da Granxa antes de comenzar a facer os SU 1 e 8. Un amplo espazo verde a beira do mar cun extensa masa forestal.

Masa forestal composta na maior parte por eucalipto, que como todos sabemos a procedencia dos mesmos e de Australia e como se intenta potenciar as especies autóctonas frente as invasoras en Sanxenxo non iamos ser menos.


Enton dende o concello como tiñan claro que "«dado que las especies existentes, además de tener poco valor ornamental, resultan ser un peligro para la biodiversidad»." pois había que buscar a mellor forma de erradicar estas especies e sustituilas por outras de maior valor tanto ornamental e sobretodo buscando que fosen senlleiras e que fosen autóctonas.
Enton a empresa Interurbán fai un informe onde di que é necesario cambiar esa vexetación, "se sostiene que como consecuencia de la abundancia de pinos y eucaliptos «es raro encontrar otras especies que comparten suelo»." Entón esta empresa dou coa solución para este grave problema: " De ahí que uno de los objetivos para levantar cerca de un millar de viviendas sea el de «potenciar y recuperar un ámbito degradado y abandonado»." ( VOZ)

Vamos que o mellor para o concello foi cambiar os eucaliptos por árbores de formigón e de ladrillo e así con iso contribuímos a que o entorno natural non se degrade e de paso potenciamos as especies galegas.  Pero isto non remata aquí sinon que tamen din que: "«lo que podemos afirmar es que el elemento vulnerable más importante es el paisaje"

De paso tamén poden plantar algún que outro piorno e de paso un par de muiños e como non nos xardíns teran que botar herba de Vigo que o céspede non é autóctono e para ir coidar as zonas verdes os operarios terán que ir con fouciño, nada de máquinas modernas que vulneren o ecosistema.

Había tempo que nunha soa noticia non lia tanta necedade xunta, vaia maneira de xustificar a desfeita que fixeron