Parece que o ofrecemento da Anpa de Dorrón de ir polas portas pedindo unha limosna lle pareceu xenial ao grupo de goberno. E claro cando as ideas son boas hai que aproveitalas.
E por iso maña a alcaldesa e Tino xunto co presi da AA de Veciños van percorrer toda a parroquia de Dorrón, eso si para tomar boa conta das necesidades e carencias da parroquia. Será que a estas alturas inda non se enteraron e necesitan que os veciños llas volvan lembrar.
Vai ser interesante cando cheguen o colexio que van a anotar? ou van pasar de largo?
E que me decides da estrada da Igrexa aos Cotos inda sin licitar?
E cando paseen pola estrada provincial que sigue cun alto índice de accidentes cando chove e inda non se fixo nada?
E cando cheguen a estrada de Freixeiro - Barreiro? Ou a Recarey? que non tiñan 20.000 euros para correxir as deficiencias que deixou as obras da Diputación.
E cando paseen por esas pistas sin aslfatar coas fochancas cheas de auga? ah claro pasean en coche oficial e pagamos entre todos os desperfectos.
E cando vaian visitar a nova casa de cultura, toda unha alegoría arquitectónica do ladrillo caravista? Vanlle chover premios como auga estes días.
E suponse que tamén será visita obriga ir pola Igrexa para coñecer in situ a polémica co cura?
E cando vaian visitar a praia da parroquia, Area de Agra, por ese acceso tan primitivo que dentro de pouco vanno catalogar no inventario de patrimonio arqueolóxico?
E xa non digamos cando vaian ver o parque tan amplo e espacio que hai xunta a casa do concelleiro?
E pasarán polo campo de fútbol para facer o saque de honra e estrear o céspede recen cortadiño e túpido como as toxeiras e fentos que cubren as mámoas do Chan da Gorita?
E que sería dunha visita sin parar a sacarse unha foto dende o coidadísimo mirador da Granxa?
E logo botarlle un pasodoble nese amplo campo das festas que nada ten que envidiar o parque do Retiro de Madrid?
E non se van a esquecer da zona de Áreas cun rio en mellor estado que o Ebro e unha praia cos mellores accesos?
A verdade é que vendo a axenda que teñen vai ser mellor que fagan unha paradiña no Compadre para retomar folgos e continuar coa xira pola parroquia. E por suposto foto aquí, foto ala.