martes 28 de septiembre de 2010

Xa van dúas

Hoxe volven a pedirme que colgue a nova resposta que sae publicada no Diario de Arousa na sección de opinión:

RESPUESTA AL SR. RODRÍGUEZ

OPINIÓN

GERARDO FERNÁNDEZW


Como tiña calculado entrou ó trapo , cal “touro desbocado”, tras a publicación da miña carta aberta, esquecendo no seu frenesí, responder aquelas cuestións importantes que de novo lle reenvío. Sendo eu home de pouca formación, (cuestión de épocas) sorpréndeme que califique o meu escrito como pobre, pois non é máis pobre que a súa resposta que entendo non foi escrita por vostede, xa non polas abundantes fallas ortográficas pois isto pódelle pasar a calquera que asegura que será alcalde, senón pola ausencia de respostas e argumentos relacionados coas miñas preguntas, e unha resposta tan pobre non está acorde cun home da súa formación, con tanto criterio literario e non menos titulación académica.

Pola contra, vostede si merece que lle conteste, por afirmar a mentira de que na visita ás obras da Casa de Cultura “salió su presidente dorándole la píldora a la alcaldesa”, (non sei quen lle contou esta mentira, supoño que o mesmo que conta o número de asistentes ás asembleas), repetíndolle que a última vez que falei coa alcaldesa foi por teléfono nun programa de radio, esixíndolle explicacións diante de vostede mesmo. Pero si que lle vou dar a razón en algo, enganáronme cando aseguraron que buscarían unha solución para o problema da acampada, igual que me enganei ó pensar que os concelleiros da oposición denunciarían esta ilegalidade coma así o fixo o Sr. Otero, a quen felicitamos publicamente igual ca o Sr. Villaverde pola súa colaboración, pero estas felicitacións a vostede non lle molestan, non as menciona, tan só lle importan as da Sra. Alcaldesa, por que será?

Por outro lado, non entendo que vostede asegure que resolverá o problema cando chegue ó goberno municipal, quen lle vai crer despois de tantos anos sen que vostede fixera nada ó respecto, tivo tempo dabondo e nin sequera denunciou a ilegalidade, acordouse do ciclista Pereiro e da Torre de Hércules, pero non se acordou das inxustizas sufridas ano tras ano polos veciños de A Vichona.

É posible que dentro de pouco apareza vostede a “pedir o voto”, estarémolo esperando coas mesmas preguntas, cansados de concelleiros incompetentes que non resolven os problemas municipais. Mentres tanto, vaia ensaiando as respostas:

Que intereses ocultos ten para non denunciar unha ilegalidade recoñecida por vostede mesmo en reunión veciñal como si o fixeron outros compañeiros da Coorporación?

Por que non actuou se cría que os veciños se equivocaban? Por que non os axudou se tiña clara a ilegalidade?

Por que non fixo nada durante os máis de tres anos que leva na Coorporación para evitar esta ilegalidade que ten tan clara, non obstante, asegura que o fará cando chegue ó goberno? A que estivo esperando? Por que nos saturou diariamente con notas de prensa cos problemas e solucións de Sanxenxo, si as pode deixar para cando goberne, do mesmo modo que pensa facer coa polémica acampada?



25 comentarios:

  1. Bueno...ajjajajajajjaja, ahora esperemos a mañana porque este contesta, ¿y este va para alcalde?
    jajajajjajajajajajja, a ver si es capaz de convencer al presi de la adina.

    ResponderSuprimir
  2. o puma saleulle un grano, como lle saleu a torrente.

    ResponderSuprimir
  3. UN DEZ PARA O PRESIDENTE DA AA VV DE ADIGNA.

    dos políticos que temos nin que falar, todos eles se descalifican por sí sós....Para Jose Luis, un cero patatero....!!pobre incredulo¡¡.....

    VALE PRESIDENTE, PERSOAS ASÍ SON AS QUE FAN FALTA NESTE PAIS. LOITANDO DE ESTA FORMA A MERDA NON NOS LEVARÁ NUNCA MAIS A OUTRA CRISIS.

    ResponderSuprimir
  4. UNA RESPUESTA SUBLIME, PARECE MENTIRA QUE EL PUMA COMETA ESTOS ERRORES CON SU VETERANIA

    ResponderSuprimir
  5. Este paisano perdio el norte hace tiempo, y aún anda diciendo por ahí que se volverá a presentar, patético el sr. Rodriguez

    ResponderSuprimir
  6. Este entra al trapo seguro, por segunda vez, está acabado, sobre todo por la indecencia de meterse con los vecinos, eso es lo ultimo que debe hacer un politico.

    ResponderSuprimir
  7. Moi boa resposta, parece por fin que alguén se atreve a decirlle catro cousas a estes políticos impresentables.

    ResponderSuprimir
  8. En dorron non teñen esa sorte co presidente.

    ResponderSuprimir
  9. http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/09/vips-responde.html

    Los críticos de internet en pie de guerra.

    Mi má eu xa quedaba na casa, se isto é sen ser alcalde ó que pode pasar...jajjajajajjajaja.

    Este ijual pecha Internet é todo.

    ResponderSuprimir
  10. VAIÁSE SR RODRIGUEZ, VAIASE

    ResponderSuprimir
  11. Vaiselle a pinza, pero o diario de arousa debe ter un concerto con el, para publicarlle canta estupidez e mentira bota pola boca.

    ResponderSuprimir
  12. iris si me das permiso gustariame facer unha consulta... no teu blog e preguntar canta xente estari disposta a votar por cati como futura alcaldesa.

    ResponderSuprimir
  13. Ola

    Claro que podes facer as consultas que queiras, parte deste blog esta feito polas aportacións dos veciños e cantas máis mellor.

    Si o prefires abrimos un artigo único para a consulta, so dime o texto, Ou a opción que prefiras.

    Un saúdo

    ResponderSuprimir
  14. antes que o Puma mil veces prefiero a CATI

    ResponderSuprimir
  15. pues yo tengo el voto decidido y no es ninguno de eses dos.
    ¿y a todo esto, no sabemos si se van a presentar este dos?

    ResponderSuprimir
  16. Si oh! que estan caninos. Opuma pide os cartos que lle debe o concello a el (como si lle teñen que subir os impostos aos veciños para pagarlle a el), e ela que vai coser redes? estos presentanse xa por cuetion persoal

    ResponderSuprimir
  17. gracias iris, si pode ser un artigo de opinion,xa que no partido que milito parece que non queren saber a nosa opinion,gustariame que o teu blog dera a oportunidad de calcular o apoio que ten cati dos veciños de sanxenxo...simplemente preguntar si votarian a catalina nas proximas eleccions...GRACIAS.

    ResponderSuprimir
  18. ¿Y porque no encargaís otra encuesta más?

    ¿acaso te piensas que el sentido de ese artigo de opinión os dirá algo?

    Mirar una cosa:

    1.Este grupo de gobierno esta demostrando una incapacidad de gestión, IMPRESIONANTE.

    2.Teneís que solucionar vuestros problemas en la sede.

    3.Si existe disconformidad por parte de tres concejales, deben dimitir.

    4.Si el grupo de gobierno no está de acuerdo, con los tres concejales, debe cesarlos de forma fulminante.

    5.Y por último, el continuar con esta pantonimia, dice mucho de el verdadero objetivo de cada uno, por otra parte, hay vida despúes del PP de Sanxenxo y si no estaís de acuerdo, llamaís a Telmo y que os arregle el tema.

    Estoy hasta los (mismisimos) de toda esta serie de personajes, necesitamos personas nuevas, para poder criticarles su gestión, así pues y aunque sea por no aburrirnos más, solucionar de una vez ***** vez el tema y empecemos la campaña, que va a ser muy bonita.

    ResponderSuprimir
  19. espero que iris faga a consulta,asi comfirmaremos o que tanto presume catalina e algun dos dirixentes que presumen de ter un respaldo maioritario,e eu non son capaz de creerme esas afirmacions.

    ResponderSuprimir
  20. yo no voto al PP pero la consulta me parece muy interesante.

    ResponderSuprimir
  21. Tiene toda la razón el comentario que califica la gestión de Catalina de IMPRESIONANTE.

    voy a nombrar unas cuantas gestiones:

    1º- Ciudad deportiva, lo mejor es lo verde que se conserva el cesped autoctono de "silvas y xestas"

    2º- magnífico acabado y 1ª calidad de las 300y pico viviendas sociales.

    3º- Magníficas aceras en la carretera po_304 "la de la Vichona"

    4º- magnificas guarderías municipales.

    5º- Resolución de expedientes en tiempo record, 2 años en el mejor de los casos

    6º- vieros de empresas instaladas en el polígono industrial. "silvas y xestas"

    7º- magnífica gestión de los residuos sólidos urbanos,

    8º- instalaciones en as Cereixeiras para separación de residuos de obras, 600.000 € invertidos arruinados.

    9º- Plan circula, ya no tenemos atascos, circunvalación perfecta.

    10º- edificio futura y Comus.

    11º- auditorio

    13º- Aparcamientos subterraneos en Portonovo y Panadeira.

    14º- plaza de abastos en pleno funcionamento.

    etc.etc.etc.etc.

    y toda esta gestión de modo totalmente altruista, sin contraprestaciones a final de mes, y en todo caso insignificantes.


    Bueno, lo que faltaba, aún hay quien la defienda, en su partido no la quieren ni los suyos.

    Pero supongo que siempre hay algúnestomago agradecido.

    ResponderSuprimir
  22. Plas,plas,plas,plas.

    Quedouche unha cousa atrás:

    SODES UNS PESETEROS.

    ResponderSuprimir
  23. Creo entender que la disconformidad fue en un tema concreto. Que sean del mismo partido no significa que tengan que estar de acuerdo en todo. Por qué tienen que dimitir esos tres y no el resto?

    ResponderSuprimir
  24. E certo, por que pedides a dimisión dos tres e non do resto, cando non se sabe o motivo de non chegar a acordo no punto que se metida aquel día no pleno

    ResponderSuprimir