jueves, 2 de septiembre de 2010

Novo Punto Limpo

Houbo un tempo no que entre a rúa Progreso e a avd. de Madrid estaba o río de Lavapanos, moitos dos nosos maiores lembran ese río. O estado actual deste emprazamento é o seguinte:










































Esta propiedade municipal esta feita unha escombrera e polo tanto a súa limpeza, conservación e coidade correspondelle o concello e o servizo de medio ambiente municipal. Claro que como esta tapiada o que pasa por diante non ve o lixo pero si pode tirar lixo dentro, vai chegar o día que rebose e sobresalga tanto a maleza como a basura e logo si que iran a limpar, e máis tratandose da entrada de Sanxenxo. Estas fotos foron enviadas por veciños farto de facer reclamacións, peticións e demáis e a medida que pasan os meses todo sigue igual.

Claro que hoxe anunciannos que en agosto recolleron 70.000 toneladas de lixo , tendo en conta o servizo deficiente co que contamos, e os vertedoiros incontrolados que hai polo concello non sei si este novo foco sera unha sucursal do Punto Limpo, zona de deposito de diversos materiais para que os veciños de Sanxenxo non teñan que trasladarse ata o Punto Limpo oficial.

Onde estaran os ríos de antaño? onde esta o río que cruzaba a Carabuxeira? Canalizados ou secados.