OPINIÓN
GERARDO FERNÁNDEZ
Despois de ler as súas atrevidas e desafortunadas declaracións acerca da miña xestión como presidente da Asociación de Veciños de Adina, dispóñome a aclararlle certas cuestións que vostede demostra ignorar e que confirma o dito de que “a ignorancia é moi atrevida” , mais isto non o fago por cuestións persoais, moito menos por darlle protagonismo que é o que realmente persigue, senón porque vostede cando critica as miñas actuacións coma presidente está criticando as decisión tomadas en asamblea de directivos e veciños, e non podemos permitir que descalifique de ningún xeito ós veciños da parroquia de Adina por moito que a vostede lle fastidie a construcción do Centro Cultural.
Para empezar, teño que facerlle saber que hai máis de dous meses que nin vexo nin falo coa alcaldesa, a pesar de que vostede afirma que así o fixen a semana pasada na visita ás obras de Casa de Cultura de Adina. Este feito, plantexa dúas teorías, ou ben vostede minte, sen saber con que fin pois ser mentireiro non é cualidade apropiada para un representante público, ou ben, non se entera do que pasa en Sanxenxo, nin en Adina, o que demostra unha incompetencia preocupante a estas alturas da súa vida política. Vostede dirá cal das dúas opcións é a correcta, ou si ámbalas dúas o son.
É evidente que vostede intenta mesturar a problemática da acampada ilegal coa construción da Casa de Cultura coa única finalidade de obter rendabilidade política, pero os veciños decidiron en asamblea que as dúas cuestión se tratarían por separado, e os veciños son os que mandan, dándolle tamén a vostede a oportunidade de que fixera algo polos veciños afectados de A Vichona e polos que non fixo nada, lembrándolle tamén que vostede é tan responsable desta ilegalidade coma calquera outro concelleiro de Sanxenxo, pois “o que cala otorga”, e vostede leva máis de tres anos calando e otorgando unha ilegalidade. Non podemos dicir o mesmo do BNG, o único grupo municipal que tivo a decencia de denunciar esta problemática. Para rematar quero que nos aclare certas dúbidas se o cre oportuno:
Que intereses ocultos ten para non denunciar unha ilegalidade recoñecida por vostede mesmo en reunión veciñal como fixeron outros compañeiros da Coorporación?
Por que non fixo nada durante os máis de tres anos que leva na Coorporación para evitar esta ilegalidade?
Por que non denunciou nunca o tema entre apabullante cantidade de notas de prensa publicadas nestes tres anos?
Só me queda darlle as gracias polo seu tempo dedicado ós veciños de Adina, especialmente ós da Vichona"
Texto extraido do Diario de Arousa, sección Opinión.