jueves, 23 de septiembre de 2010

Vergoñento

Esta é a foto que podemos ver hoxe na prensa, foto que reflicte como se atopa o aparcamento do cementerio de Sanxenxo.
Como se pode ver son escombros, restos de obras pero neste caso non poden abducir que non saben quen depositou ali o lixo xa que na caseta de obra que ali se ve figura o nome dunha empresa (o sinalo cun circulo).
Pois ben esto indica tal e como denuncia o BNG na prensa que a alcaldesa e o concelleiro de mediambiente que ia vixiar os verquidos e acabar con eles permiten este tipo de actuacións nunha propiedade pública.

Xa todos coñecemos os trexemanexes do concello, pero unha cousa e gardar as apariencias e outra tolerar semellante actuación, si a empresa non ten onde botar os refugallos que os leve para a súa nave de Cambados.

Xa este verán demos unha imaxe de concello sucio, pero é que vaias por onde vaias atopaste con vertedoiros ilegais pero neste caso podemos considerar este vertedoiro legal?

Onde raios esta a policía medioambiental?

Agora que tampouco poden alegar que non atopan o dono da empresa para notificarlle que retire os refugallos porque seguro que a alcaldesa e os da Xerencia de Urbanismo o teñen o longo do día a menos de 2m en máis dunha ocasión.

Pero claro a metade dos veciños desa parcela non votan, xa que por moito lixo que lle boten detras da súa última morada non se enteran pero teñen familiares que gozan da liberdade de sufraxio.