Onte na Voz de Galicia podiamos ler o seguinte: " O Foro Popular impartirá un curso como dirigir concellos"
Pois ben, empecemos a recordar que parte dos membros do equipo de goberno do PP foron son os mesmos compañeiros que no seu día tivo F. Villaverde cando estivo no goberno con Telmo Martín.
Porque todos recordamos que Catalina e Villaverde foron da man ata hai 4 anos e ambos votaron e foron artifices do que sucedeu en Sanxenxo nos últimos anos. Pero xa non so a alcaldesa, Paz, Angel e Manuel Lopéz compartiron mandanto con Villaverde.
Non sei si daquela non exerceu como bo mestre político e agora nestes últimos 4 anos aprendeu moito ou ben pensa que anunciando este curso lle esta chamando burros aos antigos compañeiros de goberno.
O que esta claro é que facer as cousas dende o rencor fai que a memoria sexa demasiado olvidadiza para lembrar que tamén forma parte do seguinte:
1. O polígono ia estar funcionando no do 2007 e xa estamos no 2010.
2. Os erros do PXOM inda seguen sin correxirse.
3. Da compra de Punto Vicaño.
4. De termos que pagar 1.500.000 para o enlace da autovía.
5. De que Catalina sexa alcaldesa, decisión que pola pinta pesalle moito.
6. De non protexer a costa,
7.
E así podemos seguir un bo rato, polo tanto as veces con cambiar o colar o can non eliminamos a rabia.