Estamos a piques de disfrutar uns días de vacacións, uns máis que outros, e estando planeando que facer fun mirar o calendario de actividades que sae na revista municipal, e de paso mirar para o resto do mes e isto foi co que me atopei:
Actos relixiosos: os días 31,2.
Actividades deportivas: todas as que saén son das escolas deportivas municipais, as clases que se dan todo o ano.
Actividades culturais:
Teatro : o 28 de marzo a cargo do grupo Tarabelo, o día 10 dentro da progamación semestral da concellería de cultura, o 17 e o 18 a través da asoc. Teatro do Mar.
Día do libro: o 23 lectura ininterrompida organizada polo taller de Memoria.
Música: o 24 concerto da Sociedade Músical de Sanxenxo.
Exposicións: o 29 traballos feitos polas Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán
Outras: actividades de animación á lectura, de ludotecas, etc.. que se fan todo o ano nos colexios ou na biblioteca para os nenos.
Festa da raia: 30 de abril
En definitiva: NADA, o concello non ten nada programado. Non hai nada que ofrecerlles os que nos visiten ou algo que anime a xente a vir ata Sanxenxo ou complementar a oferta dos visitantes. Si non eres relixioso e non fai sol para ir a praia habera que seguir as recomendacións do CETS: visitar Pontevedra, ir a Combarro, …. pero sempre nos queda Santiago.
Se alguén sabe dalgunha actividade que a comunique, que sempre vendra ben coñecer algunha actividade nova que poder facer.