Se lle preguntas a alguén que che diga os dous primeiros cualificativos que se lle ocorren cando lle nomeas Sanxenxo, seguro che dirán: Urbanismo e Turismo. E hoxe quero falar deste último.
Sanxenxo presume de ser unha das capitais galegas do turismo e de que nos meses de verán a súa poboación multiplicase de tal forma que se pasa dos 17.000 habitantes a alcanzar os 100.000. Este crecemento poboacional o usa o grupo do goberno para defender moitas das súas accións, como poder ser o exemplo da débeda de 13 millóns de euros.
Estes últimos anos puidemos contemplar como a maioría das inversións ían dirixidas a configurar unha contorna pensada nesta poboación flotante sen ter en contar moitas veces as necesidades dos veciños que residen todo o ano no concello.
Pero unha vez rematada esta contorna, cales son os programas para incentivar o turismo? Porque de nada vale facer unha inversión si logo a deixamos morrer.
Para seguir lendo preme aqui............
Para seguir lendo preme aqui............