Según podiamos ler na web do concello: "Durante la comisión celebrada hoy, la alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, ofreció a los portavoces de la oposición la posibilidad de formar parte de la mesa de contratación, cuestión sobre la que se pronunciarán tras consultarlo con sus respectivos partidos."
Este tema foi debatido en comisión e tendialle a man aos partidos da oposición para apoiar semellante " aberración", si, porque conceder este servizo durante 20 anos é asegurarlle o "choio" a unha empresa mentras que o concello queda hipotecado. " E como a alcaldesa sabía que eso nunca llo ian apoiar abreu a porta do consenso para logo poder dícirlle a oposición que non participaban do proceso.
Pero o que nunca se imaxinou foi ter que recuar e retirar este punto da orde do día do pleno. Onte a mediodía xa corria polo pasillos do concello que este tema se ia retirar e formouse tal rebumbio no concello que o tema desfilada de despacho en despacho. Xa que poucos apoios conta a alcaldesa para poder levar a cabo esta licitación.
O que non é comprensible é como esta muller pensaba que este contrato ia gozar co beneplácito de alguén. Licitar este servizo por 20 anos e so xustificando coa inversión que ia facer a empresa en mercar coches novos, recordame a Feijoo e os seus numerosos contratos de compras de coches.
Porque non se preocupa en garantir que a empresa ten que novos postos de traballo e que os parados de Sanxenxo teñan preferencia, en que a medida que se vaia xubilando persoal se contrate xente de Sanxenxo, en que se cumplan os acordos como o lavado e desinfección de contenedores porque no rural esto brilla pola sua ausencia. Ou so garantimos os servizos no porto deportivo?
Por outra banda recordar que este servizo se privatizou coa chegada de Telmo e agora a actual alcaldesa para non ser menos quere sacar un concurso por 20 anos. E sera moi interesante ver cantas empresas se presentan e cal vai ser a agraciada co premio gordo: ¿Urbaser? sempre pode obter 10 puntos por coñecemento do concello e por antigüedade.
Pero chegados a este punto e con vistas as municipais soan na miña cabeza varias preguntas: ¿hai que pagar favores?¿empezase a recaudar para a campaña? ¿porque os 20 anos e non 4 como a maioria das concesións? é o máis importante ¿estan o corrente do pago? ou queren deixar a hipoteca do servizo e a deuda do mesmo.
Señora alcaldesa, non se preocupe que pronto habera que dar contas de todo e o que agora poden resultar meras especulacións ou preguntas sin base pronto a basura saldra a luz e inda que a concesión remate en abril non chegaran os camións de Urbaser para recoller semellante morea, habera que facer doble turno.
Conclusión: chega o día do pleno e Angel propon retirar este punto do pleno para un mellor estudio, ¿e logo non o estudiaron ben antes cando o presentaron? e a alcaldesa dice que como son un goberno serio o retiran, claro xa se nota a seriedade coa que fan as cousas: improvisación e desgoberno, incapacidade de xestión. Un autentico DESASTRE