miércoles, 10 de marzo de 2010

As dornas no secano


Unha das imaxes máis fermosas que se pode contemplar nas nosas rías é ver como as dornas navegan a vela. Asistir os númerosos encontros de embarcacións tradicionais e poder gozar destas regatas como a do Sepelo que se fai en Portonovo pero non podo deixar de mencionar a que se fai en Ribeira, encontro o que me encanta acudir,

O labor que fan os colectivos por recuperar esta embarcación tradicional galega é impresionante e no noso concello temos unha: Asoc. Amigos da Dorna.

Esta asociación edita un voceiro chamado O CABESO de edición anual no que dan conta dos seus proxectos, dos seus eventos e demáis datos. No último número editado, na última folla, hai un artigo titulado: "Máis perto do noso Local Social" e deste artigo é do que quero falar hoxe e agradecer que me fixeran chegar este voceiro e algunhas reflexións por correo.

Nel detallase os problemas que teñen para acadar un local no que gardar as embarcacións e o material que teñen, e mesmo un local no que reunirse: "Logo de moitos intentos, sempre fallidos, ben por negativas ou ben porque os responsables do local da antiga oficina para a bomba do gasoil dos barcos, situado na Rúa Rafael Picó -antes de entrar no porto-, non se mollaban, na reunión da Xunta Directiva do mes de outubro decidiuse optar pola ocupación forzosa do local, planificada para o día 4 de decembro." Pois ben, enton deciden falar coa concelleira de cultura, coa Federación de vela, con Portos de Galicia tal como se pode ler na revista, onde lles din que unha vez tramitado todo o papeleo pertinente poderan gozar do local.

Pois ben, aqui parece que si non fas as cousa polas bravas parece que non te toman en serio (ocupación forzosa en decembro) xa que o problema de locais en Portonovo é xa historico. Os de piragüismo seguen esperando, xa que este ano non vai ser, o grupo de gaitas sigue ensaiando no porto en pésimas condicións, e os da Dorna ahi están.

Pero claro logo presumese cando unha asociación leva o nome de Sanxenxo ou Portonovo a outros países, recordemos o caso dos Amigos da Dorna no encontro de Brest, pero mentras seguimos agardando. Mentras uns agardan unha limosna en forma dun local en condicións ou mesmo calquer tipo de axuda outras institucións privadas gozan de axudas do concello, como por exemplo o centro cultural de Vilalonga que é unha asociación privada a cal entre todos lles pagamos o alquiler mentras outras que levan anos reclamando axudas e sin embargo desarrollan programas culturais ou de ocio que axudan a dinamizar a vida social do concello son claramente discriminadas. ¿Discriminación ou favoritismo? porque igualdade non hai. A uns pagamoslle locais e a outros mareamolos.

A Senador e concelleira de cultura pensaba que co sorriso eralle suficiente, pero cada vez hai máis xente que xa non cree nese sonriso. E logo non olvidemos que a alcaldesa sendo de Portonovo é coñecedora desta problematica pero sobrevaloramos os custes de humanización das rúas de Portonovo mentres os nenos seguen a cruzar as ruas coas piragüas ao lombo para poder practicar deporte. Inda que mentras teñamos campos de fútbol e si teñen herba sintética mellor e obviamos outras modalidades de deporte. E iase facer un museo do mar no que poder lembrar como Portonovo foi un porto pesqueiro importante e que mellor forma de disfrutalo que podendo gozar de embarcacións tradicionais, as dornas xeiteiras que chegaban cargadas da sardiña do xeito ao porto.

Sei que moitos cando lean esto sacaran todo tipo de conclusión e opinións pero cada pau que aguante a sua vela e sobretodo cando é moito barco para tan pouca vela e inda por riba se negan os medios necesarios para poder desempeñar unha función decente é mellor recoller bartulos e tirar cara outros mares máis sinxelos de navegar e algún día volveran ao mar as xeiteiras, as polbeiras, as tramalleiras, as mecas,...

Pero mentras non queda máis remedio que seguir pelexando e sinón tempo o tempo, as palabras surcan polo aire igual que as gaivotas o redor do mástil agardando que algunha sardiña salte fora da rede para poder engulila.