Vou empezar dicindo que calquer acción que se emprenda para apoiar os colectivos máis desfavorecidos: maratóns, recollida de alimentos, xoguetes, diversos materiais, concertos, eventos deportivas, galas, ...... sempre os apoiarei e estarei dacordo en que se faga, e quero que esto quede ben claro.
Podese estar dacordo co fin, como é o caso que quero relatar, pero non coas formas nin cos medios.
Hoxe visitando a web do concello atopome co seguinte: " A Asociación de Mulleres en Igualdade de Sanxenxo organiza este sábado, 13 de marzo de 2010, ás 21 horas e no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, un Concerto de Música, a cargo da Sociedade Musical Sanxenxo e a beneficio de Haití. [...]" Un concerto a favor de Haiti pareceme unha boa idea para axudar a ese pobo.
Pero o significativo desto é o seguinte: a utilización da web do concello por parte dunha asociación para promocionar un acto mentras que outras asociacións non contan con ese privilexio.
Si a xustificación é o concerto benéfico hai que recordarlles que outras asociacións levan emprendido outras campañas e para iso non gozaron dun espazo na web do concello, espazo de tódolos veciños.
Co cal abrese a veda:
*calquer asociación do concello podera facer uso da web do concello para publicitar os seus actos.
* o uso da banda municipal: calquer asociación podera solicitar que a banda de música municipal amenice os seus actos sen ánimo de lucro.
Inda que me acusen de populismo non podo deixar de dicir que o que realmente penso que sucede é que un acto que debería facer o concello como institución o organiza unha asociación enmascarando así un trato de favor e facilitando unha publicidade popular a conta de todos.
Porque claro logo dirán que os veciños non apoian este tipo de actos, que eu sepa onte paseando polo concello non vin un so cartel anunciando o acto e hoxe misteriosamente aparece na web do concello.
Pero por eso repito que o que se denuncia aquí son as formas, as maneiras NUNCA O FIN. Cada un é solidario na medida que cree oportuno: asistindo a este concerto, facendo entrega de xoguetes, donando alimentos ao banco de alimentos ou donando directamente o que crea convinte en calquera das numerosas contas que hai.
Por iso, hoxe creouse un precedente.