miércoles, 31 de marzo de 2010

Cartos, cartos, cartos e despilfarro

Onte alguén me pedia si podia averiguar o que custaba a revista municipal de Sanxenxo, pois ben según os datos que a alcaldesa lles dixo a oposición foron os seguintes:

GROWCON............. COBRA 2.100 E/MES

GRAFICAS ANDURIÑA.... 1.320 E/MES

VIÑAS PUBLICIDADE.... 375 A DISTRIBUCION DE 6.000 EXEMPLARES


E digo que estes datos foron ofrecidos pola alcaldesa no pleno do luns. Si botamos contas sale cada exemplar sobre 1,58€ e tendo en conta calidade do papel, color e demais criterios sinceramente: NON ME CREO NADIÑA. Teño a espiña que aqui agochase gato encerrado.

Pero xa que seguimos falando de cartos hoxe o BNG da a coñecer o custe do programa PAIFILLONAI.
E estes son os documentos que certifican ditos datos.

Ano 2008: Este programa faise nos colexios de Portonovo e Vilalonga

Ingresos = 29.189 €
Gastos= empresa 50.700€ + publicidade 92,80€ + limpeza Samyl 15.795,77€. Total = 66.588,57€

DIFERENZA = 37.399, 57


Ano 2009. O programa so se fai no colexio de Portonovo.

Ingresos = 33.347,50€
Gastos = empresa 50.307,86 + publicidade 92,80+limpeza Samyl 1.892€. Total = 52.292,66

DIFERENZA=18.945,16€

Pois ben a deficit do 2008 se o dividimos entre os dous colexios é de 18.700 cifra moi similar ao deficit presentado no 2009 nun so colexio.

Por outra banda é moi sospeitoso o pago da limpeza do 2008 xa que ese ano se pagan 15.795,77 por limpar os dous colexios e no ano 2009 pagan pola limpeza de Portonovo 1.892 €, ¿intentan que creamos que limpar o colexio de Vilalonga supuxo aprox 14.000 €? ¿a que se debe esa diferenza?

As empresas adxudicatarias cobraron case o mesmo sendo nun colexio ou en dous, pois a diferenza é minima.

Pero si calificas todo isto de "chiringuito" enseguida saen a dicir que estas en contra do programa, pero non se esta en contra do programa senón do baile de euros que hai.

Os datos están ahi, plasmados en documentos oficiais, cada quen que saque as súas conclusións.

Última hora: os críticos

Hoxe no díario de arousa relatase a división interna do grupo do governo que xa onte avancei neste blog, neste xornal dise que os concelleiros críticos son tres.

Pois ben neste momento podo confirmar que se trata de : Angel, Paz e Martín.

A medida que vaia tendo datos ireinos contando, xa que neste momento o concello esta que arde. E a alcaldesa hoxe ausentouse da xerencia de urbanismo.

AMPLIACION:

Nestes momentos a crise do grupo de governo é tal que estanse a producir cruces de chamadas, desde o propio Feijoo ata a dirección do partido en Pontevedra.
Según as miñas noticias a alcaldesa non foi a xerencia porque parece ser que tiña unha reunión prevista.

A aprobación desa licitación xa nunca debeu ir a pleno porque onte a maña xa se coñecia que se ia retirar e sobretodo cando na comisión a oposición xa botou en contra dese punto. en dita comisión. Hai que recordar que a finais de abril remata a prorroga do contrato de Urbaser e de ahi as presas de última hora da alcaldesa a presentar semellante aberración e o pulso que se esta a dar entre os concelleiros do grupo de governo.

Todo esto deriva nos próximos cambios que van a suceder en Sanxenxo e todos estan intentando salvar a silla xa que posiblemente o congreso local do PP se celebre antes de xuño e polo tanto abrese a veda na procura de candidato/a.


martes, 30 de marzo de 2010

Últimos datos

Como ben dixen no artigo anterior o tema do lixo ía dar moito que falar, pois ben, agora estou en disposición de comentar algún dato que tiña pendente de confirmar.

O rebumbio que se produxo onte a maña co tema da licitación do contrato de basura e de ahí a decisión de retiralo do pleno, pois ben dentro do grupo de goberno hai unha grave división da que todos somos coñecedores.

Todo indica que o concelleiro máis discrepante con esa licitación é Angel seguido de Paz, inda que esta optou por deixar que Angel fose por diante e ela falar coa boa chica, vamos o que se di falar a calada, producindose así a queima do seu compañeiro.

Unha vez producida a escisión hai que ver como van a solucionar agora este problema xa que a concesión de Urbaser remata en Abril e o tempo esgotase.

Por outra banda hai uns días un anónimo preguntabame si sabía algo do contencioso que a asociación de artesáns lle puxeran o concello.
Pois ben, según o que puiden saber, esto intentabase manter oculto pero un concelleiro do grupo de goberno contouno, e dícir, filtrou a información ou como tamén me di escapouselle. Polo tanto o concello perdeu ese contencioso e ten que indemnizar ao grupo de artesáns. Estou esperando que me acheguen a sentenza.

Todo isto recordame cando o reaparecido Villaverde e Telmo nas comisións de urbanismo arreaban un contra o outro e cando foi o caso de Armarios Alonso, Villaverde optou por non asistir a dita comisión, era na época de buscar o sustituto e Insula era a escusa, vamos case igual que agora con Urbaser asi que non nos extrañemos que Angel se converta no novo desaparecido.

O contrato da basura


Hai uns días anunciabase que ían licitar a recollida de lixo por 20 anos + 5 anos prorrogables e cun custe de 40 millons de euros. E no pleno de onte iase debater.

Según podiamos ler na web do concello: "Durante la comisión celebrada hoy, la alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, ofreció a los portavoces de la oposición la posibilidad de formar parte de la mesa de contratación, cuestión sobre la que se pronunciarán tras consultarlo con sus respectivos partidos."

Este tema foi debatido en comisión e tendialle a man aos partidos da oposición para apoiar semellante " aberración", si, porque conceder este servizo durante 20 anos é asegurarlle o "choio" a unha empresa mentras que o concello queda hipotecado. " E como a alcaldesa sabía que eso nunca llo ian apoiar abreu a porta do consenso para logo poder dícirlle a oposición que non participaban do proceso.

Pero o que nunca se imaxinou foi ter que recuar e retirar este punto da orde do día do pleno. Onte a mediodía xa corria polo pasillos do concello que este tema se ia retirar e formouse tal rebumbio no concello que o tema desfilada de despacho en despacho. Xa que poucos apoios conta a alcaldesa para poder levar a cabo esta licitación.

O que non é comprensible é como esta muller pensaba que este contrato ia gozar co beneplácito de alguén. Licitar este servizo por 20 anos e so xustificando coa inversión que ia facer a empresa en mercar coches novos, recordame a Feijoo e os seus numerosos contratos de compras de coches.

Porque non se preocupa en garantir que a empresa ten que novos postos de traballo e que os parados de Sanxenxo teñan preferencia, en que a medida que se vaia xubilando persoal se contrate xente de Sanxenxo, en que se cumplan os acordos como o lavado e desinfección de contenedores porque no rural esto brilla pola sua ausencia. Ou so garantimos os servizos no porto deportivo?

Por outra banda recordar que este servizo se privatizou coa chegada de Telmo e agora a actual alcaldesa para non ser menos quere sacar un concurso por 20 anos. E sera moi interesante ver cantas empresas se presentan e cal vai ser a agraciada co premio gordo: ¿Urbaser? sempre pode obter 10 puntos por coñecemento do concello e por antigüedade.


Pero chegados a este punto e con vistas as municipais soan na miña cabeza varias preguntas: ¿hai que pagar favores?¿empezase a recaudar para a campaña? ¿porque os 20 anos e non 4 como a maioria das concesións? é o máis importante ¿estan o corrente do pago? ou queren deixar a hipoteca do servizo e a deuda do mesmo.

Señora alcaldesa, non se preocupe que pronto habera que dar contas de todo e o que agora poden resultar meras especulacións ou preguntas sin base pronto a basura saldra a luz e inda que a concesión remate en abril non chegaran os camións de Urbaser para recoller semellante morea, habera que facer doble turno.

Conclusión: chega o día do pleno e Angel propon retirar este punto do pleno para un mellor estudio, ¿e logo non o estudiaron ben antes cando o presentaron? e a alcaldesa dice que como son un goberno serio o retiran, claro xa se nota a seriedade coa que fan as cousas: improvisación e desgoberno, incapacidade de xestión. Un autentico DESASTRE

O que todos xa sabiamos

Hoxe quero facerme eco dunha "noticia máis que anunciada": El club de piragüismo clama contra Portos por la sede de Baltar. Los responsables del Club de Piragüismo de Portonovo criticaron ayer al presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, por dejar fuera del proyecto de reforma del puerto de la villa la construcción de la nueva sede para el colectivo en las dunas de Baltar.«Estamos indignados», señaló el presidente, Alberto Rodríguez, en nombre del resto de la directiva del club deportivo. «Se exhibió una nueva maqueta para el puerto y no se cuenta con la instalación para el club», precisó. (voz de Galicia)

Esto xa era máis que coñecido, por todos é coñecido que o porto de Portonovo carece dun plan especial que reordene os seus usos.

Los directivos de la asociación piden a la Xunta que «dejen de hacer política con este tema», y realicen las gestiones oportunas para que el club pueda contar con la nueva sede. Recuerdan que desde la alcaldía tampoco se pusieron en contacto con ellos.

Esto pasa por confiar cegamente na vendedora de fume, primeiro poñemos aqui, logo aqui non senón acola, modificamos o PXOM, olvidamonos da partida para facer a sede nos orzamentos do 2010, logo iremos chorando a xunta Lete a ver si nos quita o cu do lume e mentras tanto acudimos as ceas do clube tan felices porque as promesas foron creibles.

E agora é cando o ver unha maqueta nos lembramos que o clube non aparece e que o concello nunca se puxo en contacto con eles, a verdade, e que o concelleiro de deportes non se pode por en contacto con eles porque andache desaparecido, ou alguén o veu últimamente propoñendo algo ou facendo algo. Hai si as malas linguas falasen ata poderían certificar aquilo que se di de : "total para un ano que queda, vou cobrar e o que veña detras si quere que o faga" frase e pensamento moi común últimamente.

Pero mentras que os usuarios do Naútico teñan un bo sitio, comodo, amplo e confortable como sede mentras os nenos seguiran a cruzar a estrada coas suas piragüas. E volveran a facer maquetas, presentacións, e demáis pero como dixen máis dunha vez FUME.


jueves, 25 de marzo de 2010

Oferta de ocio para estes días: NADA

Estamos a piques de disfrutar uns días de vacacións, uns máis que outros, e estando planeando que facer fun mirar o calendario de actividades que sae na revista municipal, e de paso mirar para o resto do mes e isto foi co que me atopei:

Actos relixiosos: os días 31,2.

Actividades deportivas: todas as que saén son das escolas deportivas municipais, as clases que se dan todo o ano.

Actividades culturais:

Teatro : o 28 de marzo a cargo do grupo Tarabelo, o día 10 dentro da progamación semestral da concellería de cultura, o 17 e o 18 a través da asoc. Teatro do Mar.

Día do libro: o 23 lectura ininterrompida organizada polo taller de Memoria.

Música: o 24 concerto da Sociedade Músical de Sanxenxo.

Exposicións: o 29 traballos feitos polas Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán

Outras: actividades de animación á lectura, de ludotecas, etc.. que se fan todo o ano nos colexios ou na biblioteca para os nenos.

Festa da raia: 30 de abril

En definitiva: NADA, o concello non ten nada programado. Non hai nada que ofrecerlles os que nos visiten ou algo que anime a xente a vir ata Sanxenxo ou complementar a oferta dos visitantes. Si non eres relixioso e non fai sol para ir a praia habera que seguir as recomendacións do CETS: visitar Pontevedra, ir a Combarro, …. pero sempre nos queda Santiago.

Se alguén sabe dalgunha actividade que a comunique, que sempre vendra ben coñecer algunha actividade nova que poder facer.

Charla


Máis información en: http://www.unicoepublico.com/

domingo, 21 de marzo de 2010

Reclamación da Xunta: 500.000€

"La Xunta de Galicia ha reclamado, en más de una ocasión ya, el pago de los 500.000 euros que la junta de compensación del polígono se comprometió a pagar para la ejecución del enlace del polígono con la Autovía do Salnés. Cabe recordar que la conexión tuvo un coste de 3,5 millones de euros, de los que tres fueron aportados a partes iguales por la administración autonómica y el Concello de Sanxenxo." (Diario de Arousa)

Cada mes temos unha nova noticia sobre o parque empresarial, e a cada cal sempre se atopan problemas de cartos. Hoxe é a reclamación da Xunta dos cartos que lles correspondía pagar aos propietarios polo enlace.

"A lo largo de este año la Xunta solicitó ya en varias ocasiones el pago de la parte asumida por los empresarios, presentando para ello una certificación por el total de la obra. Los empresarios exigen, sin embargo, una factura que justifique el desembolso de la cantidad comprometida y que contable y fiscalmente deje “las cuentas claras” a nivel interno.

Los empresarios disponen de un aval bancario por valor de 500.000 euros a favor de la Xunta de Galicia. La factura permitiría a los empresarios obtener un cheque bancario y recuperar el aval, una fórmula que ya habían consensuado con el anterior director xeral de la Consellería pero que ahora encuentra ciertas dificultades"

Problemas de avales, denuncias de que o enlace ten deficiencias, .... pero o que se anunciaba como o gran investimento que ia estar funcionando no 2007 a realidade é outra.

Non sei cal será o novo problema que aparezca pero o prazo do primer trimestre do 2010 estase esgotando.

sábado, 20 de marzo de 2010

Esgótase a panacea do turismo

Aqui vos deixo o artigo desta quincena do Aturuxo:

Se lle preguntas a alguén que che diga os dous primeiros cualificativos que se lle ocorren cando lle nomeas Sanxenxo, seguro che dirán: Urbanismo e Turismo. E hoxe quero falar deste último.

Sanxenxo presume de ser unha das capitais galegas do turismo e de que nos meses de verán a súa poboación multiplicase de tal forma que se pasa dos 17.000 habitantes a alcanzar os 100.000. Este crecemento poboacional o usa o grupo do goberno para defender moitas das súas accións, como poder ser o exemplo da débeda de 13 millóns de euros.

Estes últimos anos puidemos contemplar como a maioría das inversións ían dirixidas a configurar unha contorna pensada nesta poboación flotante sen ter en contar moitas veces as necesidades dos veciños que residen todo o ano no concello.

Pero unha vez rematada esta contorna, cales son os programas para incentivar o turismo? Porque de nada vale facer unha inversión si logo a deixamos morrer.

Para seguir lendo preme aqui............

viernes, 19 de marzo de 2010

O día do Pai

Puiden escoller calquera outra pero decanteime por esta por que ti sabes o porque.




Para tódolos pais que saben ser pais e que o merecen: PARABÉNS.

lunes, 15 de marzo de 2010

As favorables si, as negativas non.

Na web do concello lemos o seguinte: "La sección Primera de la Sala de lo Contencioso Administrativo del Tribunal Supremo ha respaldado, mediante un Auto emitido el pasado 18 de febrero, la actuación del Concello de Sanxenxo con respecto a la tramitación del Estudio detalle para la determinación de la consolidación del frente marítimo del solar situado en el número 22-24 del Paseo de Silgar. El Alto Tribunal inadmite, pues, el recurso de casación presentado por la asociación Salvemos Pontevedra contra la sentencia de 24 de julio de 2008 de la sección Segunda de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Y es que, el TSXG ya había desestimado el recurso interpuesto en su día por esta asociación, ratificando así la correcta actuación de la Administración local en la aprobación del estudio detalle de esta parcela, que recibió el visto bueno de la Xunta de Gobierno local el 14 de julio de 2005 y, del Pleno de la Corporación el 23 de diciembre del mismo año.Además, el Tribunal Supremo ha declarado firme la resolución del TSXG y ha impuesto las costas procesales causadas en el recurso a Salvemos Pontevedra."

Sentencia que resulta favorable o concello.
Pero o significativo é que esta a colgan pero non o fan así coas que son negativas.
Polo tanto o debate sería: ¿deberíanse colgar os resultados de todas as sentenzas na web do concello? na miña opinión SI.


Reportaxe de Monte Faro no País.

O titular é o seguinte: "La Xunta excluye de la protección de costa un campo de golf vinculado al PP"

"De un plumazo, el Plan de Ordenación del Litoral (POL) que promueve la Xunta elimina la posibilidad de construir en 535 hectáreas de suelo urbanizable en Sanxenxo. El 42% del veto al ladrillo del proyecto de la Consellería de Medio Ambiente en la provincia de Pontevedra se concentra en este municipio gobernado por el PP, expuesto por el resto de partidos como ejemplo de la marbellización de Galicia. Pero la protección aplicada en Sanxenxo tiene una significativa excepción, al dejar fuera de su amparo el macroproyecto de campo de golf en Montefaro promovido por una empresa vinculada al PP de Valencia. El proyecto de Montefaro lleva asociado la construcción de 2.700 viviendas."

Para seguir lendo preme aqui... Monte Faro no País..
Tamén é moi interesante o articulo que se titula: Encontro con Rivas, que se pode ler na mesma folla é que di o seguinte: "

Reencuentro con Rivas

El vínculo entre el proyecto de Montefaro y el Plan de Ordenación del Litoral (POL) se llama Encarna Rivas. Cuando se gestionó el Plan General y el proyecto del club de golf, Rivas era la gerente de Urbanismo de Sanxenxo. Ahora es la máxima responsable de Urbanismo de la Xunta, desde su cargo de secretaria general, aunque ha sido Manuel Borobio, como director general de Sostenibilidad y Paisaje, quien ha dirigido la dirección del POL en la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

En Sanxenxo, Rivas trabajó a las órdenes de Telmo Martín. Fue destituida fulminantemente a los dos días de que el ahora presidente local del PP de Pontevedra fuese relevado en la alcaldía por Catalina González. Una de las últimas decisiones de Rivas y Martín fue la de sustituir la obligación de construir viviendas sociales en el club de golf por una cantidad económica. Lo que entonces era un ventajoso convenio se convirtió, tras el estallido de la burbuja inmobiliaria, en un grave lastre para las promotoras del club de golf.

Sedesa, propietaria del 70% del suelo del futuro club de golf, reclamó mediante un recurso de reposición la devolución de los casi 4,8 millones ingresados. Ante el rechazo del ayuntamiento, acudirá a la vía judicial.


E para rematar tamén vos deixo un enlace sobre a nova directora da APLU e a destitución do anterior director: Barra libre urbanística.

domingo, 14 de marzo de 2010

Rico versus pobres


Hoxe na prensa lemos o seguinte titular: “El BNG acusa a la alcaldesa de Sanxenxo de “encubrir” la realización de obras en el puerto de Portonovo sin que el Plan Especial número 1 esté aprobado. Se refiere concretamente a la nueva sede del Club Náutico por lo que creen que “non se poden executar legalmente as obras que se están realizando no porto, sendo máis grave o feito de que carecen de licencia municipal”.

Recuerda que en el año 2004 el Náutico de Sanxenxo, tras aprobarse el Plan Especial de este puerto, cursó la solicitud de su licencia, al igual que hizo Nauta para desarrollar las obras, por lo que “non se entende a permisividade de este grupo de goberno co Náutico de Portonovo” ( Diario de Arousa)

Esta denuncia esta dando moito que falar en Portonovo xa que se une a problemática que hai coas festas patronais.

Si o Clube Náutico non ten licenza debera ser paralizado inda que maña saira o concelleiro de urbanismo dicindo o de sempre que “os membros da oposición non coñecen o que pasa no concello e bla, bla , bla, bla” frase que usa a miúdo cando carece de argumentos. Pero a ver como explica si hai licenza ou non porque agardemos que non se faga diferenzas entre ricos e pobres, entre os que teñen unha gamela e os que teñen un iate.

Xa esta ben de facer a vista gorda cos de sempre mentres cos pequenos lle aplican o habido e o por haber, pero nada desto me vai estranar, ata cando os propios empregados da Xerencia non se solucionan nin o seu, verdade Angel.

viernes, 12 de marzo de 2010

Abreuse a veda


Vou empezar dicindo que calquer acción que se emprenda para apoiar os colectivos máis desfavorecidos: maratóns, recollida de alimentos, xoguetes, diversos materiais, concertos, eventos deportivas, galas, ...... sempre os apoiarei e estarei dacordo en que se faga, e quero que esto quede ben claro.

Podese estar dacordo co fin, como é o caso que quero relatar, pero non coas formas nin cos medios.

Hoxe visitando a web do concello atopome co seguinte: " A Asociación de Mulleres en Igualdade de Sanxenxo organiza este sábado, 13 de marzo de 2010, ás 21 horas e no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, un Concerto de Música, a cargo da Sociedade Musical Sanxenxo e a beneficio de Haití. [...]" Un concerto a favor de Haiti pareceme unha boa idea para axudar a ese pobo.

Pero o significativo desto é o seguinte: a utilización da web do concello por parte dunha asociación para promocionar un acto mentras que outras asociacións non contan con ese privilexio.
Si a xustificación é o concerto benéfico hai que recordarlles que outras asociacións levan emprendido outras campañas e para iso non gozaron dun espazo na web do concello, espazo de tódolos veciños.
Co cal abrese a veda:

*calquer asociación do concello podera facer uso da web do concello para publicitar os seus actos.
* o uso da banda municipal: calquer asociación podera solicitar que a banda de música municipal amenice os seus actos sen ánimo de lucro.

Inda que me acusen de populismo non podo deixar de dicir que o que realmente penso que sucede é que un acto que debería facer o concello como institución o organiza unha asociación enmascarando así un trato de favor e facilitando unha publicidade popular a conta de todos.

Porque claro logo dirán que os veciños non apoian este tipo de actos, que eu sepa onte paseando polo concello non vin un so cartel anunciando o acto e hoxe misteriosamente aparece na web do concello.

Pero por eso repito que o que se denuncia aquí son as formas, as maneiras NUNCA O FIN. Cada un é solidario na medida que cree oportuno: asistindo a este concerto, facendo entrega de xoguetes, donando alimentos ao banco de alimentos ou donando directamente o que crea convinte en calquera das numerosas contas que hai.

Por iso, hoxe creouse un precedente.

miércoles, 10 de marzo de 2010

As dornas no secano


Unha das imaxes máis fermosas que se pode contemplar nas nosas rías é ver como as dornas navegan a vela. Asistir os númerosos encontros de embarcacións tradicionais e poder gozar destas regatas como a do Sepelo que se fai en Portonovo pero non podo deixar de mencionar a que se fai en Ribeira, encontro o que me encanta acudir,

O labor que fan os colectivos por recuperar esta embarcación tradicional galega é impresionante e no noso concello temos unha: Asoc. Amigos da Dorna.

Esta asociación edita un voceiro chamado O CABESO de edición anual no que dan conta dos seus proxectos, dos seus eventos e demáis datos. No último número editado, na última folla, hai un artigo titulado: "Máis perto do noso Local Social" e deste artigo é do que quero falar hoxe e agradecer que me fixeran chegar este voceiro e algunhas reflexións por correo.

Nel detallase os problemas que teñen para acadar un local no que gardar as embarcacións e o material que teñen, e mesmo un local no que reunirse: "Logo de moitos intentos, sempre fallidos, ben por negativas ou ben porque os responsables do local da antiga oficina para a bomba do gasoil dos barcos, situado na Rúa Rafael Picó -antes de entrar no porto-, non se mollaban, na reunión da Xunta Directiva do mes de outubro decidiuse optar pola ocupación forzosa do local, planificada para o día 4 de decembro." Pois ben, enton deciden falar coa concelleira de cultura, coa Federación de vela, con Portos de Galicia tal como se pode ler na revista, onde lles din que unha vez tramitado todo o papeleo pertinente poderan gozar do local.

Pois ben, aqui parece que si non fas as cousa polas bravas parece que non te toman en serio (ocupación forzosa en decembro) xa que o problema de locais en Portonovo é xa historico. Os de piragüismo seguen esperando, xa que este ano non vai ser, o grupo de gaitas sigue ensaiando no porto en pésimas condicións, e os da Dorna ahi están.

Pero claro logo presumese cando unha asociación leva o nome de Sanxenxo ou Portonovo a outros países, recordemos o caso dos Amigos da Dorna no encontro de Brest, pero mentras seguimos agardando. Mentras uns agardan unha limosna en forma dun local en condicións ou mesmo calquer tipo de axuda outras institucións privadas gozan de axudas do concello, como por exemplo o centro cultural de Vilalonga que é unha asociación privada a cal entre todos lles pagamos o alquiler mentras outras que levan anos reclamando axudas e sin embargo desarrollan programas culturais ou de ocio que axudan a dinamizar a vida social do concello son claramente discriminadas. ¿Discriminación ou favoritismo? porque igualdade non hai. A uns pagamoslle locais e a outros mareamolos.

A Senador e concelleira de cultura pensaba que co sorriso eralle suficiente, pero cada vez hai máis xente que xa non cree nese sonriso. E logo non olvidemos que a alcaldesa sendo de Portonovo é coñecedora desta problematica pero sobrevaloramos os custes de humanización das rúas de Portonovo mentres os nenos seguen a cruzar as ruas coas piragüas ao lombo para poder practicar deporte. Inda que mentras teñamos campos de fútbol e si teñen herba sintética mellor e obviamos outras modalidades de deporte. E iase facer un museo do mar no que poder lembrar como Portonovo foi un porto pesqueiro importante e que mellor forma de disfrutalo que podendo gozar de embarcacións tradicionais, as dornas xeiteiras que chegaban cargadas da sardiña do xeito ao porto.

Sei que moitos cando lean esto sacaran todo tipo de conclusión e opinións pero cada pau que aguante a sua vela e sobretodo cando é moito barco para tan pouca vela e inda por riba se negan os medios necesarios para poder desempeñar unha función decente é mellor recoller bartulos e tirar cara outros mares máis sinxelos de navegar e algún día volveran ao mar as xeiteiras, as polbeiras, as tramalleiras, as mecas,...

Pero mentras non queda máis remedio que seguir pelexando e sinón tempo o tempo, as palabras surcan polo aire igual que as gaivotas o redor do mástil agardando que algunha sardiña salte fora da rede para poder engulila.



lunes, 8 de marzo de 2010

De novo a APLU

Empezamos a semana co seguinte titular na Voz: "Detectan infracciones muy graves en siete concellos de la provincia. La Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, dependiente de la Consellería de Medio Ambiente, está tramitando expedientes de infracción muy graves en siete municipios de la provincia de Pontevedra. La mayor parte de estos casos se refiere a construcciones en zonas costeras o de protección paisajística y suelo rústico, donde la calificación urbanística limita mucho la tipología de las construcciones permitidas."

Entre os concellos nos que se toparon casos atopase Sanxenxo, os expedientes abertos pola APLU siguen o seu curso.

Cabe recordar que a APLU esta dirixida pola que foi xerente de urbanismo en Sanxenxo na época de Telmo Martín: Encarna Rivas.

A APLU tamén vai ser a encargada de velar polo cumplimento do POL unha vez que sexa aprobado definitivamente, xa que todavía se encontra en fase de consultas para a súa posterior aprobación inicial.


Día da muller traballadora



Para todas as mulleres que traballan os 365 días do ano, moitas veces sin que se lle recoñeza o seu traballo, pasando calamidades e incluso en desigualdade.

jueves, 4 de marzo de 2010

Festas de Portonovo e hosteleiros

Estas son as queixas dos hostaleiros de Portonovo sobre as festas patronais: falta de aparcamento, moita duración, ruido, barracas moito tempo instaladas, ....



agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



Estas queixas foron tratados nunha reunión do sector coa alcaldesa tal e como podemos ler hoxe no diario de arousa: "El Concello habilitará una parcela municipal de 3.000 metros en Seame para aparcamiento "
"los hosteleros mostraron su preocupación por el desarrollo de las fiestas de San Cristóbal y San Roque, pues consideran excesiva su duración y ocupación de los espacios por parte de los puestos de venta ambulante. Por ello, desde el Concello de Sanxenxo se transmitirá este sentir a la Comisión de Fiestas, así como las condiciones de ocupación de la vía pública durante las fiestas y los períodos de duración de las mismas.

Este tema había suscitado ya el malestar de otros colectivos, sin embargo la organización de la Feria de Artesanía es una importante fuente de ingresos para los organizadores de los festejos de Portonovo."