miércoles, 28 de octubre de 2009

Ultima hora

Esta maña tivo lugar unha rolda de prensa no concello de Sanxenxo, según un correo que me enviaron comentanme o seguinte:

Que na Xerencia de Urbanismo se produciron supostamente os seguintes cambios no organigrama:

* Despido do actual Arquitecto Municipal

* Cese do xerente, o cal volve a ocupar a súa praza de Arquitecto Municipal

* O novo xerente de urbanismo pasa a ser o actual coordinador da xerencia, o avogado J. Lorenzo Ramírez, supostamente o fillo do alcalde de Mondariz-Balneario, contratado como coordinador dende octubre do 2008.

Tan pronto teña máis datos do sucedido nesa rolda de prensa os irei publicando e grazas a persoa que me fixo chegar os datos.


ACTUALIZACION:

Alegan estes cambios a crise económica.

Según din tamén se produce o cesamento do xerente de Insula e dos dous empregados, esta empresa vai quedar supostamente integrada no organigrama da Xerencia de Urbanismo.

ACTUALIZACION 29/10:

Vouvos deixar os enlaces da noticia dos distintos xornais asi como tamén o video da noticia que onte a tarde se pudo ver en Telesalnés.

Información TeleSalnés: preme aqui

A Voz de Galicia: preme aqui

Diario de Pontevedra: preme aqui