jueves, 15 de octubre de 2009

A estrada nova para o 2015

Hai uns días o grupo de goberno saia na prensa dicindo que as inversións en Vilalonga son prioritarias e que ian ter en conta as necesidades da vila ¿Vilalonga prioritaria para o concello? Permitideme que me ria: JAJAJAJA. Hoxe quedou demostrado o que lle importa Vilalonga o concello pois como din hoxe os do BNG na prensa: “El portavoz del BNG, David Otero Domínguez, manifestó ayer que este vial “é unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Vilalonga, para que unha das tres vilas máis importantes do Concello de Sanxenxo poida estar comunicada coa Autovía do Salnés. É inexplicable que un vial de menos de dous quilómetros teña que esperar, desde a súa previsión no PXOM, en 2003, ata a súa suposta execución, en 2015, máis de 12 anos. Esto demostra unha vez máis a incapacidade de xestión da alcaldesa de Sanxenxo”. (Diario de Arousa) hoxe volvemos a asistir a un capítulo máis de ver como Vilalonga volve ser esquecida polo PP.

Esta estrada que esta prevista no plan MOVE para o 2015 cando a diputación saira anunciando que estaría prevista para o 2009 e agora atopamonos que o noso “amigo” Hernández ata o 2015 non se acorda de nos logo de ter asistido as suas promesas durante a campaña eleitoral diante dos veciños de Vilalonga. “desde el BNG “esiximos que deixe de enganar aso veciños de Vilalonga cos múltiples aplazamentos da execución de ese novo vial e adquira o compromiso escrito coa Xunta, onde os prazos de execución do devandito vial sexan inmediatos”. ”

Pero tamén non podo esquecerme de CODESEVI que tamén denunciaba hai un días o abandono de Vilalonga ¿estan dacordo con este prazo? Ou ¿pensan esixir que se faga antes?.
A verdade é que os proxectos para a vila de Vilalonga son de risa: Telleira sen funcionar, estrada para o 2015 se cadra, o Rebel paralizado, obras sen rematar, ….

Xa estou ansiosa para ver como xustifican este prazo, porque agora non é culpa do bipartito agora é que a Xunta do PP prioriza outras estradas mentras en Vilalonga seguen a esperar e logo moito preocuparse por que a Po-504 soporta demasiado tráfico.

Señores do PP poñanse a traballar e poñanse o lado dos veciños e reclamen que esa estrada se execute no 2010, senón haber collido a opción da diputación e agora xa estariamos en obras.