jueves, 29 de octubre de 2009

As pagas

Hai moito tempo que sigo un blog chamado "Desvelando as mentiras de Feijoo" que do que puxen un enlace hai tempo.
Pois ben hoxe quero facer especial mención a un artigo que hai escrito e que me parece moi interesante do cal vos poño un extracto e para leelo enteiro premede no seguinte enlace:

O BAILE DA YENKA DE FEIJOO COS PENSIONISTAS:

"Izquierda, izquierda,

Derecha, derecha,

Adelante atrás

Un, dos, tres!"

A canción de verán do ano 1965 é a mellor metáfora da improvisación, a lixeireza e a demagoxia electoralista de Feijóo, demostrada máis unha vez, agora con estrépito, con motivo do famoso complemento autonómico de 200 euros anuais ás pensións non contributivas (máis de 50.000 perceptores): unha das medidas estrela da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar do Bipartito.

Tras anunciarse o pasado domingo a supresión orzamentaria do devandito complemento (que ascendía apenas a 10 millóns de euros; unha terceira parte do que se leva gastado no Plan Remóvete de axudas á adquisición de coches), e diante da falta de argumentos minimamente sólidos que a defenderan (Ruiz Rivas mesmo currouse un "eólico", ou sexa, dixo que a cousa era "ilegal"), o martes pola tarde Feijóo reúnese con Beatriz Mato, e supoñemos que coa Conselleira de Facenda, e acaba anunciando no Pleno do Parlamento de onte que...o complemento non se suprimiu, preme aqui para seguir lendo...

Primeiro suprimen, logo non, primeiro é ilegal agora xa non, que se vaian aclarando.