Hai cousa dun mes a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, máis coñecida como APLU, impoñía unha multa contra a nave que hai en Noalla por ser incompatible co ordenamento urbanístico vixente e, polo tanto, impide a actividade industrial que nela se realiza e ordena a reposición dos bens afectados ao estado anterior.
Pero esta non é a única investigación urbanística que este organismo ten en Sanxenxo. O que moitos non saben é que a directora desta Axencia é Encarnación Rivas Díaz, a ex-xerente da Xerencia de Urbanismo de Sanxenxo, a mesma que cando sucedeu Catalina a Telmo na alcaldía ó día seguinte da toma de posesión Encarna foi destituída do seu cargo.
Logo do súa destitución fulminante como xerente, e desamparada tralo despido e ter que volver ó seu posto como arquitecta no concello de Pontevedra, o amigo Louzán a contrata nun posto a medida na Deputación de Pontevedra esperando dar o salto á Xunta co cambio de goberno. Salto que se produciu ó ser nomeada secretaria xeral de ordenación do territorio, presidir a APLU e vogal do consello de administración do ente público de Portos de Galicia e vogal da autoridade portuaria de Marín e da Ría de Pontevedra.
Se Catalina non a cría capacitada para o cargo de xerente da Xerencia de Urbanismo de Sanxenxo, agora parece que está capacitada para velar polo urbanismo de Galicia. Sigue lendo...