viernes, 16 de octubre de 2009

Novo golpe para Vilalonga


Parece ser que últimamente Vilalonga non gaña para disgustos. Si onte foi que a estrada de unión coa autovía non se vai facer ata o 2015 agora topamonos como tampouco pensan mover nin un so dedo para o traslado de Fenosa.

La respuesta del gobierno autonómico establece que la opción de llevar la subestación a Nantes “non é correcta dende o punto de vista técnico pois estaríanse alonxando os centros de transformación dos usuarios finais, é dicir, dos consumidores, polo que se estaría perxudicando a calidade do subministro, nunha zona cunha elevada densidade de poboación que á vez ten unha gran dispersión, polo que co translado á ubicación proposta estaríase prexudicando ao cidadán o darlle un servizo máis deficiente”. Recalca también que para llevar a cabo lo solicitado por Lobeira “requírese o acordo dos axentes involucrados, así como facer os estudos pertinentes e, por último, levar a cabo a actuación sen que a actividade normal dos suxeitos intervintes poida verse afectada ou comprometida”. ” (Diario de Arousa)

¿Non é correcta dende o punto de vista técnico? Acaso fixeron algun estudo. Porque logo din que habería que facer os estudos pertinentes. E din que estaria alonxado dos usuarios, pois para levar corrente o Grove ben que reforzaron a subestación e soterraron as liñas de alta tensión e suponse que o Grove queda máis lonxe de Vilalonga que Vilalonga do polígono.

¿Servizo deficiente? JAJAJAJA, que llo pregunten os veciños como é o servizo.

¿Requirese acordo cos axentes involucrados?E dicir que sentarse a negociar con Union Fenosa suponlles un incordio, acaso ¿non se sinten capacitados para levar a cabo esta negociación?.

Haille que recordar a Xunta que noutros pobos de Galicia se fixo e ¿porque en Vilalonga non? E sobretodo que opina a alcaldesa de todo isto: ¿cos veciños ou coa Xunta?

E todo isto porque o 24 de xullo as concelleira de Vilalonga dicia o seguinte: “Os veciños de Vilalonga tiveron que esperar a que chegase o PP ao Goberno autonómico para comprobar como se traballa do lado dos cidadáns e empregando o sentido común”, comentó Susana Fernández” Agardaremos a escoitar as novas declaracións tanto da Alcaldesa e do seu equipo de goberno.


Para ler o artigo do 24 xullo preme aqui.