martes, 15 de septiembre de 2009

Si Castelao levantase a cabeza.


O domingo na Revista da Adina aparece a presentación dun “Acto conmemorativo 30 aniversario de Corporacións Democráticas”, onde aparece a listaxe das corporacións dende 1979. Aparecen as fotos dos alcaldes de Sanxenxo e das dúas primeiras mulleres que formaron parte dunha corporación municipal en Sanxenxo.

Pero cal é a miña sorpresa que aparecen 4 fotos de 4 homes que non se corresponden cos 30 anos na democracia que van a homenaxear:

Jose Piñeiro González, Leopoldo González Pombo, Jose Pita Duran e Migue Angel Bótana Castro.

Estes catros homes corresponden a época da ditadura co cal non sei porque aparecen as súas fotos nun panfleto publicitario dun acto da democracia.É tal a incongruencia que se produce que mencionan un acto dende o 1979 en diante e sacan fotos doutra época.

Non sei cal é a intención de sacar estas fotos, si é un acto para festellar a democracia ¿Porque motivo aparecen as fotos dos alcaldes da ditadura? Ou sera que estes alcaldes da ditadura tiñan os mesmos miramentos que os celebrantes.

O texto esta firmado polo representante do PG en Sanxenxo e por iso voulle recordar algúns datos:

  • O PG fundase en 1931 e entre os seus membros é simpatizantes atópanse: Castelao, Bóveda, Risco, Otero Pedrayo.

  • No 1936 tras a Guerra Civil comeza a represión dos militantes galeguistas e algúns dos seus dirixentes como: Xoán Carballeira, Anxel Casa, Lustres Rivas, Camilo Días Baliño, Victor Casas ou Alexandre Bóveda son FUSILADOS e outros moitos marchan exiliados.

Da realización do acto falarei máis adiante pero non podía deixar pasar esta falta de “respeto a democracia”, e o digo así clariño, porque non sei si pretenden levantar sensibilidades, gañarse puntos ou facer que moitas persoas se lembren de feitos que mellor queden no pasado. Teño familiares que naceron entre o 1920 e o 1930 e saben o que é vivir nunha república, nunha ditadura e nunha democracia monárquica e as palabras máis repetidas que dixeron cando viron isto foi:” burla, innecesario, desfatachez, perdida do norte...” e eu engado: “patético, irresponsabilidade, osadía”.

Dos erros do pasado hai que aprender para non volver a cometelos pero cando vemos que se estan eliminando os símbolos franquistas, que non se permite facer máis actos conmemorativos no "Valle Dos Caidos" e resulta que nesta revista aparecen como se fosen homenaxeados. Non che entendo nadiña: ¿un Partido Galeguista vai homenaxear a alcaldes da ditadura? que mo expliquen. E digo ben o PG é quen fai o acto, pero isto vouno contar con máis detalles dentro dun días. Sinceramente si isto esta feito con intencionalidade pareceme unha PROVOCACION.

So quero recordar unhas verbas de Castelao no seu libro “Sempre en Galiza”: Cando un home sabe que a realización dunha idea vai producir a felicidade do seu pobo e a salvación da súa patria, non debe recuar ante a posibilidade do triunfo,...., porque o home que dubida e teme no intre de realizar o ideal que predicou e non ten coraxe para manterse no seu posto de perigo, ou é un farsante ou é un coitadiño.