jueves 24 de septiembre de 2009

As medidas do concello

Hai uns días o concello de Sanxenxo na sua web anunciabamos que contaban cun equipo de coordinación para a gripe A.

Anunciaban que ian confeccionar carteis informativos seguindo as directirces da OMS “que incluyen comportamientos tales como el uso de pañuelos de papel desechables, la limpieza regular de las manos con agua y jabón o el evitar los lugares concurridos y asistir al médico ante síntomas similares a los de la gripe.¿Lugares concurridos? Xa lles direi eu o que é un lugar concurrido. Pero antes quero reseñar o que dicía Salvador Durán: “era imprescindible que o Concello de Sanxenxo adoptase medidas que faciliten a información sobre a Gripe A ós traballadores e cidadáns, para saber cómo comportarse ante a aparición de posibles síntomas da enfermidade”. Además, indicó que “a empresa adxudicataria da limpeza dos distintos edificios municipais, colexios e centros de saúde xa ten elaborado un protocolo de actuacións, o cal se está poñendo actualmente en práctica”

O lugar máis concurrido do concello e un dos focos de infección maiores sexa da gripe común ou a A ou de calquer outra enfermidade contaxiosa é o pasille de espera da sala onde se extrae sangue e se fan as probas do Simtron en Baltar. Esa zona máis coñecida por moitos veciños como “O corredor da morte” ou por moitos outros que comparan o pasillo de espera para pincharse cos pasillos de espera dos animais no matadoiro para ser sacrificados.


As persoas que acuden ali amontonanse nese pasillo agardando o seu turno, xuntandose a maioria das veces máis de medio centenar de persoas. Persoas de tódalas idades e con diversas patoloxias: nenos, embarazadas, persoas con enfermidades cronicas, con problemas respiratorios, persoas maiores coas defensas en minimos, etc..

Moitas destas persoas estan incluidas nos grupos de risco por Gripe A da OMS e que se aconsella que se vacinen. Nese habitaculo non hai ventanas de ventilación, esa habitación foi diseñada como almacén e incluso na sala anterior atopase a caldeira.


No inverno cando acudes a ese pasillo e se atopan varias persoas con gripe o nivel de infección é alto xa que os esbirros, a tos, e a concentración de persoas xa conforma un bo campo de contaxio.

A parte ,a día de hoxe nese centro de saúde inda non existe ningún cartel informando sobre a Gripe A nin das medidas de prevención.


Falan de evitar lugares concurridos pois aquí teñen un exemplo dun agardo que esta ubicación sexa cambiada por outra máis adecuada, onde exista ventilación e espazo suficiente, e non que estemos tropezando uns cos outros. ¿Van seguir mantendo esa situación todo o inverno?


Con isto non trato de crear alarmismo nin nada parecido pero o risco existe é hai que atallalo e si falan de previr que o fagan ben e non unha mera propaganda pois falan de que se van a reforzar as tareas de hixiene e de limpeza nas zonas de máis fácil propagación da enfermidade e sobre todo nas instalacións onde os usuarios pertencen os grupos de risco pois eu teño que decirlles que acudo tódalas semáns a ese pasillo e a día de hoxe inda non se viu ningunha medida.

Agardo que busquen outra sala máis axeitada e si o centro de Baltar esta masificado que busquen solucións, que falen coa conselleira de Sanidade pero os usuarios dese centro non podemos seguir arriscandonos nese pasillo.



13 comentarios:

  1. Que curioso, que sendo como dis un campo de contaxio incluso para a gripe comun, os fenomenos do PSOe e o Bloque que nos gobernaron na Xunta durante estes ultimos catro anos non o tiveran en conta e crearan outras zonas de espera e esparcemento mellores, libres de contaxio, non cres, Iris?

    ResponderSuprimir
  2. OU é que a gripe común enxendrouse estes dias????

    ResponderSuprimir
  3. Non hai tanto tempo que os analisis se facían na primeira porta da sala antiga de consultas, preto da recepción.

    Eu o que sei que a min esa sala non me parece adecuada e dame igual que goberne o PSOE, o BNG ou o PP, as críticas a esta sala non son novas, pois hai moitos meses que xa dixen que non era adecuada .
    Tamén son consciente que a gripe común ten uns indices máis elevados ca gripe A pero todo o que poidamos por da nosa parte para remediar calquer avance pois benvido sexa.

    Agora si ti cres que debe continuar asi porque o anterior goberno a mantivo é a túa opinión non a miña. Eu sempre estiven disconforme con esa sala.

    ResponderSuprimir
  4. Pois eu estou dacordo con IRIS, esa sala non e axeitada e vai sendo hora que lle busquen outro sitio.

    E por moito que lle botes a culpa os que antes gobernaban o concello tamén culpa por non ir a Santiago a reclamar melloras, pois a administración máis cercana o cidadán é o concello e o concello non esta libre de culpa.

    Asi que non intentes enmascarar a aptitude do concello mencionando gobernos anteriores porque coñecer a situación e non facer nada non exime a culpabilidade.

    ResponderSuprimir
  5. O dese pasillo haino que solucionar XA, e demencial esa situación

    ResponderSuprimir
  6. Sobre o tema da sala do Sintron xa saleu unha petición nos medios de comunicación, fai uns tres meses, creo que de VIPS, para tratala en un pleno. Recordo que falaba hasta de desmallos e malos cheiros (moito corpo human xunto), que era un pasillo de un soto, etc. Creo que fose o grupo que foxe e de xusticia decilo. En todo caso se non foi VIPS, foi do propio PP.

    ResponderSuprimir
  7. Iris, coincido contigo que as instalaccións hai que melloralas, pero.... ¿ ten que facelas o concello? O que hai seis meses estaba ben ¿ahora está mal? Pero eu penso que o de Durán solo foi por sair nun medio, ¿hai que xustificar o soldo!... o dese rapaz e demencial, si o escoitarades falar antes de ser do PP.

    ResponderSuprimir
  8. Todas estas mamarrachadas que chegan dende o Concello emostran unha vez máis o cinismo e incapacidade dos presoeiros.
    O do Sintron e dos análisis é unha vergoña que está como está nun , !Concello "RICO" como o noso.
    Non sei como farán o equipo de coorinación de gripe "A" pero dende que aquí explicarlle que a gripe A é distinto ao Equipo A, SALVADOR: NON SON O MESMO, QUE NON PODES IMITAR A M.A. nin nada parecido.
    Penso que debemos explicarllo xa que debido ao escasísimo nivel cultural e educativo destes calquera cousa é posible.

    FDo: JESSE JAMES.

    ResponderSuprimir
  9. Esa parte do centro medico realmente deberiase acondicionar canto antes,non so po la gripe senon por que e de pena,por non haber nin siquera hai asentos suficientes e a maioria da xente esta de pe,e xente maior hai moita,pero dde todos modos enton non se podera ir a discoteca,os bares,viaxar en autobus etc...e a miña non e unha critica o pp,que tampouco dixeron algo tan raro como para criticalos, e solo un comentario.

    ResponderSuprimir
  10. máis publicidade para Sanxenxo:

    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/vende/piso/Sanxenxo/solo/familias/gitanas/elpepuespgal/20090926elpgal_10/Tes

    o tema do cartel trae máis cola da prevista

    ResponderSuprimir
  11. Fixadevos en salvapatrias**, cada vez que fala é para facer público un informe feito policia local, ou outro calquera, que nada teñen que ver co ben ou mal facer de dito persoaxe como concejal de área.
    Recordo unha conversa con el, dous anos antes de salir concellal, e non poido mais que decir: !Que vergoña, que chulería, que cambio¡

    ResponderSuprimir
  12. Pois suscribo todo o que dis: O venres tiven a "fortuna" de ter que ir facer unha análise de sangue, e para o meu disgusto, estaba tan tan cheo, que si querías forte ó final de todo, deixando os dous metros que recomendan, non se oía como chamaban por o nome, e si estabas máis ó medio, contei unha muller, dous homes e unha nena a toser claramente.

    ResponderSuprimir