jueves, 10 de septiembre de 2009

Policía urbanística ¿para que serve?

"O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, con data do 15 de xullo de 2009, resolución pola que se lle impón unha multa coercitiva no expediente da reposición da legalidade urbanística 107 B 2007/103-0 a E. S. V. como consecuencia do incumprimento da Resolución do 28 de xaneiro de 2009, pola que se declara que a actividade industrial que se desenvolve nunha nave no Tombelo, parroquia de Noalla, Sanxenxo, sen autorización urbanística autonómica, non é legalizable por ser incompatible co ordenamento urbanístico vixente, impide definitivamente a actividade industrial que se desenvolve na nave e ordena a reposición dos bens afectados ao estado anterior ao incumprimento da legalidade." (Doga 9 setembro. pax. 21)

A situación desta nave xa foi comentada máis dunha vez pero o tempo pasaba e este final viase vir e ¿que se fixo dende a Xerencia de Urbanismo? NADA, a nave seguiase a usar como si tivese licenza. Esta é outra proba da ineficacia da Policía Urbanística pois esta nave leva traballando moito tempo e agora pidese o seu peche e claro ¿o concello recurrirá como noutras ocasións? e nos tempos que corren xa vemos os donos apelando a que a xente vai quedar na rúa, sen traballo pero eso son as consecuencias de non paralizar as cousas antes. ¿Estamos ante outro "Armarios Alonso"?
O polígono segue pechado sen que as empresas poidan trasladarse e o concello segue mirando para outro lado e agora non lle poden botar a culpa ao bipartito.