“La policía local identificó este verano a 884 jóvenes consumiendo alcohol en zonas públicas”
Este é o titular da nova que hai uns días podía ler na web do concello e que logo saiu en tódolos xornais. Por iso vou analizar os datos que nos aportan:
- 7,2% son xovenes de entre 15 e 17 anos e a maioría dos participantes van dos 18 aos 20: Sempre se queixaron que o Noitebus traia a menores aos botellóns, polos datos que ofrecen inda que hai moitos menores quédanse sen escusa.
78,95% son galegos, dos cales 48,13% son de Pontevedra. 259 pontevedreses en xullo, 77 en agosto e 87 coruñeses en agosto: ¿porque non din os datos das outras provincias españolas? Acaso ¿queren facernos ver que os culpables dos botellóns somos maioritariamente os galegos e o resto de españois son uns santiños.?
De Pontevedra son 108. de Vigo 77, de Sanxenxo 10: ¿que nos queres dicir con estes datos?
Requisaron 312 botellas: 884 identificados entre 312 botellas saen que por botella beben case 3 rapaces.
A min dáme que estes datos son moi irreais porque todos sabemos que calquer noite de fin de semana hai máis de 884 rapaces facendo botellón en Baltar, sen ir mais lonxe o venres da concentración os mozos paseábanse por diante da polícia local con vasos de litro de plástico e non era precisamente auga, mentres a policia local facía a vista gorda, claro dirán que ese día estaban para controlar aos moteros pero as ordenanzas son para cumprir e aplicar tódolos días.
Esta situación pasa a miúdo nas noites de verán e senón que llo preguntes os que viven cerca dos lugares onde se xuntan mozos por iso que nos digan que identificaron a 884 rapaces como se houbesen entrado no libro Record dos Guiness por ser os máis cívicos. Non sei cal é a pretensión nin o afán de estar dando continuamente cifras, era mellor que fixesen un balance máis real da situación e non ter que ler unha nota de prensa.
¿Porque de que vale que a principios de Xullo fixeron unha campaña informativa da ordenanza si a maioría dos que estaban en Xullo en Agosto xa non estaban?
Pero supoño que hai que saír na prensa para facer crer os veciños que estan a traballar e entón que mellor que soltar uns datos así mentres non están informando da realidade do concello. Pero xa o concelleiro desta área nos ten acostumados a este tipo de datos.
¿Porque non nos din os datos de cantos nenos quedaron sin praza de garderías? ¿cantos teñen que recorrer as garderias privadas ou de Dena porque en Sanxenxo estan sen facer?¿Porque non din cantos familias precisan de prazas de comedor e non hai suficientes?