Hoxe inaugurase unha nova sección no blog, pois todos aqueles que desexen que un artigo seu sea publicado neste blog so ten que mandarmo por correo. O primeiro fixomo pasar un rapaz que firma como XAFA e é un fiel seguidor do blog, moitas grazas e espero que vos sexa tan interesante como me resultou a min:
Fai pouco apareceu un colectivo en Galicia do máis interesante chamado “Galicia Bilingüe” coa teima de salvalo castelán en Galicia asoballado polo galego.
Unhas das últimas noticias que lin na prensa desta asociación foi que foron a Bruxelas a pedirlle axuda aos Eurodeputados galegos para que se derogue a lei “pola normalización lingüística”; un eurodeputado do PP doulle o seu apoio e o do PSOE (o señor Sánchez Presedo) estábao “pensando”.
Creo sinceramente que teñen moita razón, senón ollade os datos que vos vou dar:
Vivimos nun País (Galicia) onde máis do 90%dos medios de comunicación sexan prensa escrita, radio, televisión son integramente en Castelán. Na administración pública aínda por norma che falan en Castelán ou che dan os impresos a cubrir en Castelán sen preguntarche si queres ser atendido en Galego. En outros ámbitos da vida na que nalgún intre estás obrigado a recurrir (como ir a un notario, rexistrar unha propiedade ou mesmo facer un rexistro civil dun matrimonio, dun fillo, etc.) póñenche trabas para facelo en Galego.
Non hai moito tempo xuntábase en Celanova un grupo de xuristas, xuíces, maxistrados , avogados e fiscais para demandar que na xustiza tamén se aplique en Galego, xa que segundo eles o 90% do funcionamento da xustiza está en Castelán.
Con estes datos na man e normal que apareza un colectivo para defendelo Castelán xa que non se pode permitir este asoballamento por parte do Galego.
Eu tamén quero facer algunhas propostas para salvalo Castelán en Galicia:
Primeiro, propoño traducila metade do Himno Galego ao Castelán.
Segundo, propoño que o “Día das Letras Galegas” esté adicado a escritores que ainda sendo Galegos escriban en Castelán.
Terceiro, facer unha nova “Ley por la normalización lingüística” feita dende Madrid para que nos digan os de fora como é que temos que falar no noso País.
Cuarto, dende a Real Academia Galega da Lingua que vaian introducindo máis castelanismos suprimindo as nosas verbas autóctonas, asemade facer membro de honra a D. Mariano Rajoy.
Xa remato decindo por último que eu tamén quero unha Galicia Bilingüe onde a xente que queira, POIDA VIVIR CENTO POR CENTO EN GALEGO.
XAFA.