Como se pode observar o estado no que se atopa é lamentábel pois as algas inundan todo o areal e esta praia leva moito tempo sen ser limpa pois vese claramente como algunhas algas estan secas dende hai moito tempo.
Xa todos sabemos que algunhas praias gozan de trato de favor pero as praias pequenas tamén son usadas polos veciños e polos visitantes que se acercan o noso concello inda que non teñan bandeira azul.
Pero ¿porque non se limpa esa praia? O mellor é porque o concelleiro de Persoal anda moi ocupado facendo declaracións absurdas contra o Noitebús e non se acorda de dar a orde de limpeza ao persoal, pois mellor lle iría ir a pasear polas praias para ver no estado que están.
Tamén pode ser porque a planta de tratamento de algas do punto limpo se atopa o máximo de capacidade, pero dáme que non é así xa que as algas se usan para abonar algunhas leiras.
Pero se ademais o apartotel Nanín esta a un paso desa praia ademais de outros negocios tanto hoteleiros como de hostalería ¿o CTES non ten nada que dicir o respecto do estado dos areais? ¿esa é a imaxe que van a vender? Claro é que esta moi ben ir a dar sempre as declaracións o paseo de Silgar pero en Sanxenxo hai máis praias e todas son usadas por TURISTAS porque se eu son turista e vou a praia e ma topo días tras día nese estado teño por seguro que non recomendo as miñas amizades que vaian aí de vacacións.
E xa que din que unha imaxe vale máis que mil palabras aquí estan as fotos que dan fe de como esta a praia.
Moitas grazas a persoa que me fixo chegar as fotos e esperemos que tomen nota e limpen a praia e os usuarios dela gocen dun areal en condicións.