jueves 21 de agosto de 2008

IRRESPONSABILIDADE SUPREMA

Levo lendo na Voz de Galicia as declaracións que fixo onte o concelleiro de Seguridade Cidadá e non salgo do meu asombro.

Ler o seguinte: “«A nosotros un canal por el que nos viene gran cantidad de jóvenes hacia este tipo de ocio es el Noitebús», manifestó ayer Durán en los micrófonos de Radio Voz. «No consideramos el Noitebús como una buena opción y por eso no suscribimos el convenio con la Xunta en su día», argumentó.”

Concelleiro de Seguridade Cidadá (inda que a partir de agora me quedou clarísimo que a única seguridade será a económica) como se pode usar unha medida que o único que intenta evitar sexan que non se conduza bébedo para arremeter contra a Xunta por iso voulle dicir o seguinte:

1.) Non tódolos usuarios do Noitebús fan botellón senón que se deixan moitos euros nos locais do porto deportivo dos que vostedes tanto presumen.
2.)O concello de Sanxenxo coñecese polas praias e a ofertas de ocio, se vostede non quere que veñan a Sanxenxo a beber non dean máis licenzas de apertura de locais nocturnos, porque lle recordo que hai algunha licenza pedida para novos locais en Portonovo. Así que si quere que os mozos e mozas non veñan a movida atalle a oferta e non os medios de transporte.
3.)Para vostede será mellor que os mozos que veñen o concello veñan no seu propio coche, como en Sanxenxo non temos atascos, temos aparcadoiros suficientes e cando dende as institucións se recomenda o uso dos transportes públicos tanto para evitar moitos desprazamentos así como por cuestións medio-ambientais vostede fomenta todo o contrario.
4.)Dígalle vostede a tódolos pais que quedan tranquilos porque saben que os seus fillos non van a conducir que a partir de agora para ir de marcha teñen que coller o coche ¿Vostede quedaría tranquilo sabendo que un familiar pode sufrir ou ser o causante dun accidente por non ter un transporte público para poder sair de marcha?
5.) O problema do botellón non é o Noitebús, busquen alternativas de ocio para os máis novos e apliquen a ordenanza anti-botellón e deixen de mirarse o embigo que tódolas medidas son ben acollidas.

Parece dunha irresponsabilidade total semellantes declaracións porque xa non é que se usen contra a Xunta senón porque que esta atacando a seguridade vial, ¿de que valen as campañas da DXT contra a condución baixo os efectos do alcohol se cando hai unha medida vostede di todo o contrario?, por desgraza hoxe en día ninguén esta libre de que lle soe o teléfono a certas horas e vostede non é impugne a iso senón pensa en vostede o menos dende o cargo ocupa preocúpese polo ben dos cidadáns e non pola defensa dunhas siglas.

Podería darlle mil razóns do que implica o uso do Noitebus, do que implica conducir en estado de embriaguez, dos perigos da carreteira pero sinceramente espero que aqueles que están por riba de vostede llo expliquen porque creo que será única maneira de que o entenda. Hoxe sinto vergoña allea destas declaracións por parte dun Concelleiro de SEGURIDADE CIDADÁ.


49 comentarios:

Anónimo dijo...

secundo totalmente o artigo.
Este concelleiro é impresentable.
E esas declaracións non hai por donde collelas.
Recordame moito a certas declaracións que fixo o Sr Aznar á DXT na que decía de maneira ¿alegre? que a DXT non era quen para decir cantas copas de viño podia tomar el ao volante.

Así que vendo esto hoxe, vexo que esto é cousa de partido.

Seguro que o sR. Duran non ten ningunha defunción na sua familia por un accidente de tráfico por culpa do alcohol, eu si, por eso dende aqui a miña REPULSA hacia estas desafortunadas palabras do señor Duran.

Anónimo dijo...

o Sr. Durán está decindo que todos os rapaces que collen o noitebus é para facer botellón, agora regulado por lei, estaos chamando delincuentes (pasamonos a presuncion de inocencia polo forro).
Pero ao mesmo tempo o concello está a tramites para dar licencia a unha discoteca no centro urban de Portonovo.

Con estas declaracións o que vostede está fomentando é que rapaces de outros concellos collan o coche salgan en Sanxenxo, beban nos pubs que vostedes tanto miman, e logo volten para a sua casa (eso si non teÑen un accidente e morren ou matan a alguen). eU NON QUERRIA NA MIÑA CONCIENCIA ESO, TAN SO POR INTENTAR FACER OPOSICIÓN Á XUNTA DE GALICIA por que veñen eleccions. IMPRESENTABLE.

Anónimo dijo...

Eu tamén me sumo o que se di no artigo, é dunha irresponsabilidade total.

Chorona dijo...

Inda non creo que un concelleiro poida ser tan inconsciente para facer semellantes declaracións, hai tempo que perderon a perspectiva da realidade pero pensar que chegaron o extremo de culpar o Noitebus dos problemas sociais de Sanxenxo pareceme gravísimo espero que sexan unhas declaracións de forma persoal porque o partido local e provincial pensan o mesmo e que viven nos mundos de Heidi.

Salvador pensar que si non existe o Noitebus se acaba o problema do botellón é absurdo ou antes non había botellón??? o que si había era máis perigo nas carreteras.

máis agro-CULTURAEN-sanxenxo dijo...

Este señor como se lle nota que os seus fillos non están aínda en idade de saír de noite, cando viva o problema en 1ª persoa seguro que actuará e opinará doutra maneira (si xa non o fai nestes intres). Pero estás declaracións teñen toda a pinta de ser unha clara representación da hipocresía política en tempos de precampaña electoral.

Anónimo dijo...

eu opino que todolos rapaces deberían coller o Noitebus, e así deixarian de deixar sesgada a sua vida nas carreteras.
Esa si é unha boa iniciativa, e si estaria ben que o concello de sanxenxo non so a apoiase, senon que foran os promotores da iniciativa!.

que atrevida é a ignorancia, pero claro, as vidas dos nosos xovenes non son como os pulgóns do campo, e este concelleiro xa deixou claro que no seu negocio será moi bo, pero nesto...............CUBRINDOSE DE GLORIA, VAMOS!

indignado! dijo...

Pero este tío usa o cerebro?, é máis, ten cerebro?.

Xa se están pasando con eso da oposición á xunta. No tema do poligono costounos cartos, e gora con esto quere que nos coste vidas!!!


RECTIFIQUE PUBLICAMENTE Sr. Durán.
Esto é moi serio, esto é unha vergonza!

Anónimo dijo...

Que falta de tacto, de sensibilidad, de responsabilidad, de argumentos, de capacidad, de ideas,....

Cobrar un sueldo a fin de mes exige méritos, trabajo, esfuerzo no largar por la boca lo primero que se le ocurre y menos cuando se critican medidas que evitan incrementar las estadisticas de muerte por efectos del alcohol a la hora de conducir.
Si no sabe de lo que hable, callese o al menos que le dicten un guión porque se tratan de VIDAS HUMANAS

Anónimo dijo...

Después de leer este artículo sólo me queda desearle al "Señor" Durán que ojalá nunca le suene el telefono a las cuatro de la mañana y en ese instante cambie su vida para siempre por culpa de gente tan inconsciente al volante como él como gobernante.

Salvador, espero que las lágrimas de todos aquellos que por desgracia sufrimos el tremendo latigazo de una muerte en un accidente de tráfico te hagan recapacitar y bajar de esa nube en la que te encuentras porque, en serio, tus declaraciones no pueden ser más bochornosas y censurables.

¡¡¡PATÉTICO!!!

¡¡¡CATALINA, CREO QUE ES HORA DE QUE TOMES MEDIDAS CON CIERTOS CONCEJALILLOS!!!.

Anónimo dijo...

SIMPLEMENTE VERGONZOSO.


NON HAI MAIS QUE DECIR

Anónimo dijo...

Si home a ver si vay ter el tamén culpa de uqe vos poñades CEGOS hasta ó cú.

Anónimo dijo...

O que escribeu o comentario das 12:22 ten a mesma sensibilidade humana que torrente.

eres tan incosciente ti como salvador. ou non serás ti salvador?

iris dijo...

Cada quen é responsable dos seus actos e para evitar que se beba na rúa xa esta a norma anti-botellón e para evitar que se colla o coche en estado de embriaguez esta o Noitebús a única solición que existe de momento.

Anónimo dijo...

A mellor maneira e non coller o coche cando se bebeu, non hay outra mellor.
Tamén se pode chamar un taxi.

Anónimo dijo...

Vamos a ver , es que o yo vivo en otro mundo o aquí la gente es hipermegaresponsable al cubo.
Suscribo el comentario anterior respecto a que cuando se bebe no se debe conducir PERO MUCHISIMAS PERSONAS SE PONEN AL VOLANTE BAJO LOS EFECTOS DEL ALCHOL. Esta es la dura realidad. Y sabéis una cosa? Pues que vosotros podéis ser unos ciudadanos ejemplares y vuestros hijos también pero de repente, un día os cruzáis con un/a jovencito/a que bebió, no tenía dinero para un taxi, Salvador rechazó jactándose de ello el Noitebús, y este joven para irse a su casa tuvo que coger su coche, con tan mala suerte para vosotros, paradigma del civismo y la vida sana e inmaculada, que perdió el contro del automóvil y chocó frontalmente con vuestro vehículo.....


Esto os puede pasar.......

Espero que este comentario os haga reflexionar ....

Anónimo dijo...

esto pasa por meter de concejal de seguridad ciudadana a una persona sin experiencia.cuál es el mérito profesional o social de Salvador? que yo sepa es una persona que nunca se relacionó demasiado con su pueblo ni sus vecinos, no reconocido precisamente por su gran cantidad de amigos ni simpatizantes. y a nivel profesional cuales son sus logros o meritos a parte de vender piensos? y a nivel de estudios? como esto lo leerá algún simpatizante suyo seguro que podrá sacarme de dudas con su curriculum.Apuesto que nadie escribirá para enumerar sus méritos. Y éste era la gran estrella que presentó Cati, VAYA POR DIOS!!!

Anónimo dijo...

Si alguien defiende las palabras de Salvador(desafortunadas totalmente), entonces es que hay más incoscientes de los que yo pensaba.

Anónimo dijo...

Solo un inciso, porque yo conozco muy bien a la prensa y sus columpiadas... ¿y si el no dijo eso?

Anónimo dijo...

saleu na radio!!!!!!
coa sua voz!!!!

Anónimo dijo...

Eu non vin a voz e falo por oidas, culpar o noitebus do botellon e unha insentatez, este seguro q xa salvou moitas vidas, e os q votamos o pp temos q reconocer q non e a solución pero axuda. Q apliquen a lei esa a ver si tamén axuda. Si ese Sr dixo eso deberia reflesionar bastante sobre o seu cargo e si se entenderon mal as suas verbas q as explique

Anónimo dijo...

por favor, que alguien ponga algo sobre su curriculum!!!!!

Anónimo dijo...

para ser bo cristiano no chega con levar os fillos a misa do domingo.

mery dijo...

A min o seu Curriculum profesional anterior dame igual porque eso non nos afectaba pero si me importa o que esta a facer agora: CON ESAS DECLARACIÓNS PASOUSE 5 POBOS

Anónimo dijo...

Habría que saber el contenido y el contexto de la entrevista, no obstante, debería de explicarse mejor y decirnos que quiso decir con esa frase.

Anónimo dijo...

Durá Dimisión!

Anónimo dijo...

TEÑO A MALA EXPERIENCIA DE OIR QUE SE ESPERA CITA CON ESTE CONCELLEIRO E AGORA ISTO.O BOTELLON VEN ENTRE OUTRAS COUSAS POLO CARAS QUE SON AS COPAS,E SE INTENTAS COLLER UN TAXI ALA VAN OUTRA CHEA DE CARTOS,SE O CONSEGUES.E NON HAI TANTO QUE MORREU UN CHAVAL DE MOVIDA QUE CAEU O MAR,E PASAR AS 8 DA MAÑA E VER EN ZOO OS XOVENES VOMITANDO QUE SE TIRAN OS COCHES,SEI QUE INCLUSO AHI CONDUCTORES DE AUTOBUS E COCHES QUE DAN UN BO RODEO POR NON PASAR POR AHI,EN FIN,CREO QUE AHI MOITO NO QUE PENSAR,TODOS CONCELLEIROS,VECIÑOS XOVENES,ALCALDESA...........

Anónimo dijo...

HUBO UN ANUNCIO DA DXT NO QUE SE VIA COMO SE TURNABAN ENTRE VARIOS AMIGOS A QUE CADA DIA UN NON BEBIA ALCOHOL E CONDUCIA.E EN ALGUN CONCELLO NO QUE SE LLE REGALABAN OS REFRESCOS O CONDUCTOR,SE SUPON QUE AHI QUE BUSCAR AS FORMAS MAIS IDONEAS PARA QUE AIXA OS MENOS ACCIDENTES POSIBLES E ONOITEBUS E UNHA IEA MOI BOA OU ESO PARECE ..........

Anónimo dijo...

Esta tarde me contaron las declaraciones del subsodicho y no daba crédito a lo que estaba escuchando.

Las declaraciones están fuera de lugar, son avergonzantes y cuanto menos agraviantes como se le ocurre criticar una medida que intenta prevenir muertes acaso usted esta dando alguna alternativa o será acaso que usted se puede pagar los 7 euros por copa de los locales del puerto de Sanxenxo y luego 10 o 15 euros de parking y otros tanto de taxi si vive en un concello limítrofe?? si, su sueldo se lo permite pero los jovenes no tenemos eses sueldos galácticos por 20 horas semanales ni mucho menos y es más le recuerdo que un par de cervezas o un par de copas son más que suficientes para dar positivo en un control de alcoholemia y usted bien que lo sabe que para eso su departamento posee aparatos de medición, si es que al final querrerá que cogamos los coches, soplemos y paguemos las multas para que así usted pueda cobrar a fin de mes y luego si se provoca un accidente mala suerte.
Es indignante tener que leer cosas así espero que rectifique públicamente pero con arrepentimiento y no solo por el mero echo de que ha molestado a mucha gente.

Anónimo dijo...

De verdad salva dixo eso? Si, non o dudo, pero este non e o meu Salva. ¿Pero será verdad que os cartos transforman a unha persoa?
Ou e que nos lavan o cerebro e nos convencen de tal forma que acabamos pensando igual que "ELES".
Ou tamen pode ser que polo que cobran lle preparen a chuleta e lle digan o que teñen que decir.
Salva si te meteste donde nunca quixeste estar (ainda no me podo creer que te hubesen convencido, solo foi con cartos ou hubo algo mais?)polo menos xustifica o soldo e fai algo porque este concello esta igual ou peor que antes e non quero empezar a poñer exemplos porque podrianse encher paxinas, que xa levas un ano e ainda che quedan tres para facer algo.
Para rematar, Salva ¿Acordaste do que pensabas non fai moito de esta camarilla que ahora tes por compañeiros? Que e o que cambiou?
Que poderes teñen para convencer de tal maneira? Solo cartos?
Remato que si non voume a quentar.

Anónimo dijo...

Así que ahora "IRIS" lleva la batuta de la acción pólitica.

Primero lo de las caravanas y salió el PG.

Segundo el noitebus y sale BNG y PSOE.

¿Cúal será el tercero?

Mery dijo...

Tes toda a razón que ata os VIPS lle copiaron a idea do aparcamento na Praza en Sanxenxo.

JAJAJA

Anónimo dijo...

Hostia se me había olvidado.....

Mery dijo...

Sobre as declaracións de Salvador so teño que dicir unha cousa: INDIGNANTES

Con esas delclaracións o único que fixo foi insultar a todos aqueles que velan pola seguridade Vial e digo eu ¿a poli local que ten que dicir o respeto? porque dudo que ningún do equipo do goberno diga nada.

E si vou propoñerlle algo, xa que tanto alaban o servizo de bus interparroquial pois ben podía ofrecer este servizo nas noites de verán e así moitos mozos do concello usariamos ese medio en vez dos coches logrando asi seguridade vial, menos atascos nas carreteras e que moitos pais e nais durman máis tranquilos.

rosendo dijo...

hai unha diferencia mery: que o noitebus pagao a xunta (a xunta non é do PP) e o autobus interurban pagao o concello de sanxenxo (ou sexa o PP). Entón ainda que vaia baleiro TODOLOS DIAS, da igual, a idea é boa, porque a idea é deles.

Anónimo dijo...

Entón ¿estas insinuando que Sandra copia a Iris?, ¿ ou que Iris é Sandra?........

Mery dijo...

Claro que hai esa diferenza Rosendo, pero a lo menos asi polo menos conseguian que ese servizo non cause tantas perdas as arcas municipais e si velen pola seguridade dos veciños.
Todos a fomentar o transporte público menos en Sanxenxo que habera que pasear os audis, os passat, os mercedes pola avenida de Silgar.

rosendo dijo...

e logo mais de un vai co audi TT e logo vota 5 euros de gasolina, jejejeje

Mery dijo...

E falando un pouco de todo.

As declaracións de Salva si que teñen que ser valoradas pero os VIPS non van dicir nada?? ou acaso non ven a medida do Noitebús eficaz???
Pero tamén boto de menos as asociacións de accidentes, os empresarios de negocios de ocio porque o concellal prefire que os xovenes non veñan a Sanxenxo ou sera que vivimos nun concello elitista e usar o transporte público non é nada glamuroso.

Anónimo dijo...

Eso, eso que dimita y que entre el siguiente.

Mario el del Hotel Santomé.

Anónimo dijo...

Si e que o poñan como concejal de Turismo que o menos podra dar datos reais sobre a ocupación hoteleira.

Anónimo dijo...

Meeentirooosos

Anónimo dijo...

O anónimo anterior debe ser o das pintadas "mentirosos" que se ven en moitos lugares.
Cal é a mentira?... que non dixo o que dixo, que non era consciente do que dixo ou que non quixo decir o que dixo.

Anónimo dijo...

a única verdade é que non vale nin para plantar patacas.pero si para vender sulfato!!!

veciña dijo...

dende logo esto e de tolos,porque cheganse a dicir cousas que non se pensan,vaia por dios salvador co ben que estaban no teu negocio.

Anónimo dijo...

Si te dedicaras a atender o negocio, non vaya ser que che pase como a Balboa e a nomina do concello non che chegue para compensar as perdas.

Anónimo dijo...

E cuestión de máis sentidiño e menos prepotencia, o menos que se explique ou está esperando que llo escriban para que non se volva equivocar.

Anónimo dijo...

Pero este tío vai quedar impune de estas declaracións?.
Ade mías deberia darse unha volta o sabado por Blatar como fixen eu, e ver a cantidade de coches particulares aparcados facendo botellon.
e a policia local brilaba pola sua ausencia!.

Dimision xa!

Anónimo dijo...

Pero como iba a poli local vixiar Baltar se entre estar 4 evitando que a xente acceda o parking o menos que sexas RESIDENTE o que non teño claro é que tipo de residente si de un mes ou de inverno ou de todo o ano, e logo 2 máis na entrada do parking e o resto vixiando a polvora do chipinazo non fora ser que a roubasen e quedasen sen poder sair as vaquillas a pasear polo concello en busca de deliciosos postres e sardiñas con espiñas.

Anónimo dijo...

O nivel cultura de Sanxenxo é tan bo como o PANFLETO das festas, parécese moito ás páxinas amarelas.
Descoñezo a responsabilidade de Paz na súa elaboración. Non o digo só pola negativa ao uso do galego, nin polas vomitivas presentacións da Sra.Alcaldesa e raíñas das festas, senón tamén polo descoñecemento da ortografia do castelán.
As cousas antes de publicalas hai que lelas e corrixilas.
e para algo estas...