O da “crisis” empezase a notar cada vez máis nos concellos e por iso dende a Deputación van tomar medidas e una delas vai ser a conxelación dos soldos dos altos cargos e pide os alcaldes do PP que sigan o mesmo exemplo.
Dita medida afectará aos soldos, as dietas, asistencias e ao persoal de confianza, pero isto non vai quedar aquí pois controlarase a factura telefónica, a factura da electricidade, etc,...
As medidas parécenme loables e necesarias sempre que se leven a cabo non tanto so nos concellos gobernados polo PP senón en tódolos concellos e máis se temos en conta o gasto que se produce en Sanxenxo en gasto de salarios tanto de concellais como de persoal de confianza. Agora co que non estou dacordo e coas declaracións de X. Crespo cando di que “haberá que recurrir a créditos para pagar ao persoal” ¿a que persoal? Recordemos que en Sanxenxo hai tres tipos de asalariados:
1.- Concellais e persoal de confianza: cobran polas arcas do concello. Si cada un se rebaixara mil euros o mes teriamos 9.000 € de concelleiros + 5.000€ de persoal de confianza = 14.000€/mes x 12 meses = 168.000€ o ano.
2.- Funcionarios e persoal interino: cobran polas arcas do concello.
3.- Persoal de reforzo: son traballadores que se contratan mediante plans de Labora, Cooperación,..., debido o aumento da poboación así como o traballo en diversas épocas é que se contratan atraves de axudas que concede a consellería de Traballo e polo tanto a maior parte do salario proveen dende as arcas da Xunta, co cal estarían exentos destas medidas.
Calquera medida que controle o gasto dende as institucións públicas debería ser un máxima e non unha ocorrencia dun líder político cara as próximas eleccións porque esto pode levar a pensar noutra lectura: ¿acaso nos concellos do PP había man libre para gastar?
Agora que como ben dixo a alcaldesa “Sanxenxo é un concello rico” entón non haberá que preocuparse moito e o concello no entrará nun estado de crack financeiro como auguran dende a Deputación porque no seu día xa dixeron que o soldos non os ían a subir pero a pregunta é ¿esto vaille afectar a negociación coa Policía Local?
Pero quizais o que máis me preocupa é si os veciños debemos renunciar a ter as garderías ou disfrutar de actividades culturais por culpa dun gasto excesivo, pero quédome coa gran frase dita por Crespo “VAI ARDER TROIA” (Diario de Arousa) e sobretodo cando di que algúns municipios estan reclamando que se lles outorguen facultades para cobrar máis impostos dos permitidos.