De tanto mirar estes días libros de texto, cadernos, lápices de cores, ...., e tamén ver como a conta se queda valeira polo comezo do cole acordeime da tan laureada Señorita Rottenmeger, así me vou meter un pouco no papel da mestra mala que todos nos tocou sufrir e como aínda en Sanxenxo están pendentes os novos coles de Dorrón e de Vilalonga que mellor sitio que este para darlles o temario deste trimestre:
Hoxe vou facer o balance para o grupo A que son os que nos gobernan a mediados de semana farei o balance para o grupo B que é a oposición que non quere dicir que estean opositando.
Dereito: con todas as sentenzas que van caer, recursos, contenciosos, preitos, ..., aquí haberá que fincar os cóbados pois o grupo do goberno encántalle ser o protagonista nesta materia, encántalle facer uso do seu gabinete xurídico e sobre todo porque lles encanta ir escornando contra todo e así acumulan preitos: polígono, cafetería “Cetoly”, casa Villaverde, edificio Boavista, información VIPS, paralización dos SUs, cemiterio Dorrón, etc, mentres que a oposición ou ben non lle queda máis remedio que acudir a ela para obter información e que as concesións non se fagan a dedo pero e que ademais ten que velar porque as sentenzas se cumpran. E para comenzar o curso que mellor que enfrentarse a unha posible multa de 450.000€ porque según o concelleiro de Medio Ambiente: "por realizar vertidos directos al mar. "A pesar de llevar tres años pidiéndole que nos ceda un lugar para construir una depuradora, sigue construyendo urbanizaciones", apuntó Vázquez, "no hay sistema general que soporte eso". Manda truco na Habana.
Urbanismo: erro tras erro, un cemiterio que non se pode usar (paradoxos da vida), SUs paralizados, un polígono que cría malvas, nin obras municipais nin rehabilitacións nin nada de nada, esas vivendas para mozos. Aquí non se aproba nin con chuletas, nin con xerentes ni inda que veña o Fiscal do estado veranear as casas de Maralta ou a Festiñanzo.
Cultura: puff, existir o que se di existir non existe moito, pero como parece a materia máis fácil a están devalando a pasos axigantados. Pero sempre poden se poden botar foguetes o aire e acadar o 4,5, iso si seno hai temporal.
Turismo: Outra materia que a teñen super abandonada e que terán primeiro que abrir os ollos e ver os resultados reais de visitantes e de ocupación e a partires de hai traballar porque no curso pasado pasáronse faltando as clases e así nos foi. O único que se fixo foi crear unha empresa de Turismo pero que empezara a funcionar nos meses menos turísticos. Aquí suspenso seguro.
Xuventude e Deportes: Ainss, esa cidade deportiva de Sanxenxo, ese club de piragüismo, menos mal que temos un porto deportivo, ese edificio para a Xuventude e de creación de emprego, todo ten pinta que poderá acadar un suficiente alto.
Economía e Facenda: dende que lle contaron o conto da leiteira fan castelos no aire pero non lle deberon contar como remataba o conto porque estamos a setembro e o único que temos claro é que non hai cartos para nada excepto para pagar soldos, a este paso non aproban nin restando ou dividindo.
Medio-ambiente: esa multa pola conexión a Edar de Meaño sen os informes previos, esa depuradora de Dorrón, eses vertedoiros incontrolados, pero como é materia sinxela pode roldar o 5 sempre e cando non veña Al-Gore a explicarlles realmente o que pode pasar por cambiar a orografía do terreo, por tapar regatos, por talar masivamente.
Servizos e obras: obras, obras non se fan e as que hai algunhas son peor de acabar que o Escorial vesa-xe a estrada de Nantes, insuficiente Cum Laude.
Servizos Socias: estanse a facer unhas magnificas garderías en Vilalonga e Portonovo que o dixo o outro día a alcaldesa ( se alguén as ve que avise, por favor), aquí todo segue igual, nada que comentar porque falar de velliños e mulleres con problemas como que me nego. Insuficiente.
Persoal e seguridade cidadá: o único bo é a normativa anti-botellón pero a poñen en vigor en setembro que chega tarde, pero logo acumúlanse os ceros e os puntos negativos: Noitebus, poli local, persoal cabreado, anuncio de peches de locais en setembro con sancións veremos en que queda isto, este ano identificacións 0, control de estupefacientes 0,..., Suspenso e dereito para xuño.
Conclusión: ou se poñen as pilas ou van quedar todiños para xuño porque aquí non che hai recuperacións posibles.