«El año pasado ingresamos 27 millones de euros. Este solo 4.300.000 euros. El bajón es total». Declaracións feitas pola alcaldesa e que se publican na Voz na que di que o concello esta a Dieta, pero vendo as últimas accións dáme que é unha dieta do cucurucho: “No hago nada pero prometo mucho.” porque les o seguinte: “el gobierno de Sanxenxo ha decidido apretarse el cinturón y controlar el gasto corriente, que no recortar servicios a los vecinos ” ¿apertarse o cinturón?¿controlar o gasto? Apertar apertaremolo os veciños porque o martes pasado acordaron en pleno aumentarlle a Urbaser 33.950€/ano para que os do porto Deportivo gocen dun mellor servizo e todo esto faise unha semana antes de que acabe agosto e que claro no porto deportivo en inverno acumulase moito lixo e logo se antes por baleirar as papeleiras pagabamos 66.903,15€/ano agora pasaremos a pagar 109.388,64€/ano e que a outra empresa deixou de prestar o servizo o redor do mes de marzo por “falta de cobro e de acordo” pero de ahi a duplicar o importe hai que ter cara ou acaso ¿o nº de papeleiras aumentaron no concello? E logo din que hai que controlar o gasto corrente ¿e cal é ese? ¿soldos?
E logo sorpréndenos co seguinte: «Estamos construyendo dos guarderías y un centro sociocultural, que tienen sus partidas, pero hay obras que hemos tenido que aparcar hasta que esto mejore, hasta que regrese la normalidad» ¿ESTAMOS? Que eu sepa a día de hoxe non se puxo ningunha pedra na construción das garderías solo na de Vilalonga se fixo o proxecto e é mais antes de que acabe o ano seguiremos na mesma situación, ter teñen as partidas como as tiveron no 2007, no 2006, si é por partidas que non sexa tamén tiña partida o centro sociocultural e entre as voltas que lle deron co informe ISA e a faltiña de cartos leva moitos meses parados e ademais a gardería non lle afecta tamén o informe ISA entón non se esta construíndo e é mais o campo de fútbol acabouse porque viñan eleccións a pesares de que facía falta o informe ISA e estase a usar, claro que o informe ISA veu moi ben para tapar o verdadeiro motivo da paralización, porque a obra parouse antes NON despois.