Botando a vista atrás e despois do que estos días estou a ler na prensa veume o recordo de cando en febreiro do 2.004 Telmo Martín anunciaba que se creara o Corpo de Policía Ambiental formado por dúas persoas e que percorrerían o municipio en busca de ilegalidades. Presentouse na praia para expresar que o obxectivo deste novo servizo ia ser rastrear toda a costa na busca de pozos negros e fosas sépticas, así como as infraccións ecolóxicas que se produciran como escombreiras incontroladas, verquidos o mar , etc.... Este corpo da policía desenrolaría inspeccións dende a Arnosa ata Areas vixiando así as duas rías que bañan este concello. Este novo corpo sustituirian a labor que dende o 2001 viñan realizan algúns policías locais que circulaban en moto polo concello controlando este tipo de delitos e así o ter uns axentes especializados nestes casos o control e actuacións sobre este tipo de delitos seria máis rápido e eficiente. Porque o que non pasa nun ano, pasa nun día.
Despois destes anos eu pregúntome se este servizo e eficaz pois os vertidos a praia de Nanín seguen pasando e cústalle varios días atopar a causa dos mesmos e piden axuda a empresa Espina & Delfín para dar con ela.
Se paseamos polos nosos montes, os poucos que quedan, vemos como as escombreiras continuan alí meses ou aparecen outras novas. Como exemplo temos Monte Faro, Padriñán, un monte en Dadín,...
Prodúcense talas de carballos, castiñeiros, ... sen que se teñan conta a súa protección ecolóxica nin a súa antigüidade e unha vez cortados adios problema, exemplo: A carballeira de Bordóns.
Canalízanse rios e regatos para obrar porque é máis importante o ladrillo que o medio ambiente e logo cando cheguen as choivas e a auga busque o seu curso produciranse as enchentes e as inundacións e todos se preguntaran cal é a causa, xa que o lume apágase con auga pero a auga non se apaga con nada, como é o caso dos regatos que pasaban por Sanxenxo: río Lavapanos,.... E noutros casos cerran fincas ocupando os baldíos dos terreos que estan a beira dos regatos como en Dorrón. Noutros casos os ríos serven como basureiros como é o caso do río Fabaiños.
Despois temos a limpeza de algunhas fincas que moito presumir de que se levou a cabo a limpeza dunha franxa de protección contra incendios e logo ti miras para algunhas fincas como a maleza invade os camiños, as beirarrúas, ... e te preguntas se non hai notificación para obrigar a sua limpeza ou e que pertencen a xente exenta destes requirimentos.
E así un sin fin de delitos que no ano no que vivimos non deberiamos estar a nomealos pero todo isto pasa por non ter acabado o saneamento do concello, por non ter separado as augas pluviais das fecais, por non impor multas fortes os causantes das escombreiras, por non esixir o limpeza dos matorrais que invaden espazos públicos, polo pasotismo dos encargados de vixiar que non se cometan estos delitos porque se hai duas persoas encargadas de vixiar estos feitos e non é un concello tan grande ¿a que se dedican para non ver o que o resto vemos? Porque sentados na oficina ou facendo outro tipo de tarefas non creo que se vexan as cousas e non hai que esperar a que as denuncien a oposición ou os propios veciños senón que teriades que anticiparvos o resto e así desempeñar a función que se vos encomendou a non ser que este corpo especializado xa se disolvera e non se nos comunicara os cidadáns.
Outra das razóns pola que pode existir e a descoordinación entre concellalias pois Persoal correspóndelle a Salvador, Mediambiente a Manuel López (Illa) e Obras a Tino así que os pobres locais deben estar preguntándose a quen lle fan caso primeiro e logo a quen lle entregan o correspondente informe.
As felicitacións por un feito levado a cabo en tempo non se poden dar mentres haxa delitos ambientais que pasan desapercibidos para os ollo dos encargados de cumprir que non se produzan por todo elo non me queda máis que pedir que se intensifiquen os controis así como as medidas disuasorias e se leven a cabo as multas necesarias e exemplificantes para que isto non siga pasando no noso concello e que teñan presente a seguinte frase: “Ningún hombre conoce lo malo que es hasta que no ha tratado de esforzarse por ser bueno. Sólo podrás conocer la fuerza de un viento tratando de caminar contra él, no dejándote llevar."
Clive Staples Lewis (1898-1963) Escritor británico.
E non so teño que mencionar este corpo senón tamén o Corpo de Delitos Urbanísticos que neste concello é básico pero seria moi largo para un so artigo así que nos próximos días faremos un explicando a labor deste corpo e os logros acadados dende a súa creación.