Esta semana e por seguir a lei da paridade voulle adicar o artigo a Almudena Aguín (515.797 ptas/mes; 43.400€/año: dedicación exclusiva) a nosa concelleira de Turismo, unha das concellalías máis importantes para o concello de Sanxenxo xa que o turismo é un dos piares da economía do concello.
O primeiro que cabe destacar é como chegou a ser concelleira pois por un pouco de chapapote para acceder o garaxe da nova vivenda podémonos situar nun posto de traballo de responsabilidade pero sen experiencia e sen coñecemento da area que imos desenrolar e esto non tería importancia se o 80% (máis ou menos) da poboación do concello non vivise do turismo e xa todos sabemos que sabe un a onde chegou e non sabe a onde chegará.
Xa rematou a época estival e agora é cando se fai balance de como resultou, neste caso non tivo moito tempo a facer algo porque so leva 3 meses exercendo e parte dos froitos son da anterior concelleira que según contan o CETS celebrou a decisión de que non repetise o que aínda non teño moi claro é como é a relación coa nova concellala. Que xa se sabe que non peca de gula quen nunca tivo fartura
Este vran según o sector a houbo menos turistas que outros anos, unha das cousas pode ser o mal tempo xa que apenas o sol brillou e este inflúe tanto no consumo que fai que o visitante non se decida por vir. O do tempo non podemos cambialo pero si a oferta que ofrecemos porque se descontamos as praias e o porto deportivo se ven un día malo ¿Que lles ofrecemos? ¿Que alternativas hai a praia? Pois non vai ser todo tomar o sol, festas e un programa cultural que se repite tódolos anos.
Noutros concellos do PP estanse a arranxar os muíños e a recuperar zonas a beira dos ríos, a crear rutas de sendeirismo mentres eiqui o único que se fai e destruír e arrasar para levantar bloques de formigón recubertos de chapa de pedra e a soterrar e canalizar os rios e os regatos que co paso do tempo chegan a desaparecer. E triste cando vas con parentes ou amigos de fora percorrendo rutas e visitando o patrimonio recuperado nos concellos veciños pero neste a maioría do noso patrimonio etnográfico esta abandonado ou esta derruído e algúns foron quitados das suas ubicacións porque molestan no avance do progreso do formigón sease o caso do muiño do Vimbieiro que lle estorbaba o Carrefour. Outros estan sen catalogar, así como fontes, lavadoiros, ....., e logo con cara de asombro pregúntanche ¿porque en concellos gobernados polas mesmas cores respetan o patrimonio e aquí non? A resposta é moi fácil: Urbanismo.
Se pasas por unha caseta de información turística atopas folletos de moitos lugares con zonas que se poden visitar e ofertas alternativas a tumbarse o sol pero de Sanxenxo so atopas hoteis, restaurantes, as praias e como non o porto Deportivo.
En Sanxenxo tamén se poden crear rutas pois seguro que unha que ten éxito sería como punto de partida O Con da Ventureira pasando por Baltar,Montalvo, Major, para logo subir a Monte Faro para chegar a capela da Lanzada e se queremos ir ata o Siradella xa que desde ali se contempla todo o istmo. Todas as paradas posúen vistas únicas do noso concello e sería unha forma de fomentar o deporte e non o de permanecer como sardiñas en lata en Silgar. E se non que se recupere o antigo Camiño Real que percorre todo o concello dende Dorrón ata o Grove.
Así que Almudena vai hincando os codos que non solo vai ser ir a feiras de turismo, a encontros das Vilas Mariñeiras, a presentacións en Madrid e demais eventos que con eles podes ti facer turismo laboral pero aquí necesitamos novas formulas, ideas innovadoras e que o turismo non so se centre nos meses de vran pois ese xa está máis que consolidado porque non todo o ano e agosto.