Como dixen aqui algún tempo de que iamos adicar un artigo a cada concellal esta semán vamos a coñecer un pouco mellor a Constantino (Tino) Sanmartín o concellal de Infraestructuras e Obras (soldo: 399.326 ptas/mes; 28.800 €/ano; dedicación parcial). Unha concellalia vital para o desenrolo do noso concello pois un pobo sen infraestructuras non pode medrar e é unha das persoas que pertencen o grupo de goberno que non se ve, exceptuando os plenos, pois ós demáis inda os vemos en festas, saraos, prensa, ..... ¿pero Tino por onde andara metido? pois tenlle que adicar 20 horas semanais o concello.
Infraestructuras e obras: primeiro vamos falar das que menos venden politicamente pero que a maioira nos afectan como son a dotación de servicios básicos pois nin temos completa a rede de saneamento como quedou demostrado estos días na Praia de Nanín que lles fixeron falta 8 días para recoñecer que foi dun verquido de fecais, e onde estaba Tino para decir que hai que reparar o saneamento pois se non me equivoco este caso non so lle a afecta o medioaembiente pois se hubese boa infraestrucutra isto non pasaria e como ven se sabe non é un caso puntual pois os tubos vertendo augas o mar estan ali para ver sobretodo coa marea baixa, pero en tempada alta non é bo pechar unha praia e facemolo en setembro para asi facer creer a galería que nos preocupamos polo estado das augas e que facemos controis das mesmas. Despois temos o tema da auga pois co volume de edificabilidade que se está producindo no pobo suponse que terán garantidos o servicios como a auga, é que cada vez é máis escasa. Para elo diseñan un plan que van a pagar entre todos os promotores pero que a día de hoxe no se sabe nada del pois seguimos coa mesma rede de auga, a capacidade das EDAR (depuradoras) e a mesma que hai 4 anos.
Menos mal que nos quedan as grandes obras para poder lucirse, ¿Cales son as competencias de Tino? pois se asfaltan camiños e reparan o alumeado e as pistas deportivas de Noalla ala vai Illa que pa iso e concelleiro de Sevicios Xerais, inda que nas de Noalla tocaballe a Martín por ser de Deportes, se falan das obras de reparación dos colexios sae Paz que para iso leva Educación, se se fala de grandes obras sae Angel pois para iso é o de Urbanismo, se falan de que van facer un parque sae Caty pois para iso tamen leva Servicios Sociais e ata o de agora non houbo moito máis, asi que Tino ¿Cales son os teus plans para estes 4 anos?.
Dende que tomou posesión do seu cargo so supemos del através do caso "Libelula" debido as relacións familiares, que xa se sabe que as veces son máis comprometedoras que as laborais.
¿Como andará o tema? preguntomo por que como esta todo tan calado ¿seguiran excavando na roca a ver se topan a mina de ouro?. Outro local o que controlar o horario de peche, a insonorización, a doble porta,....., como fan co resto de locais, ah perdón que me colei como fan con algúns locais de Portonovo porque noutros parece que se fai a vista gorda pois o sonografo debe de ser dos chinos por que os decibelios debeos marcar con outros parámetros.
Pero Tino non te preocupes que seguro que dende aqui vanche deixar ideas para que poidas amosarnos o teu traballo e asi coñecerte un pouco mellor, que xa se sabe que o que non ten padriño, afórcano.