miércoles, 5 de septiembre de 2007

Un novo curso, repetir ou pasar.

Xa comenzou o mes de setembro, remata a época estival e é un mes no que da comenzo un novo curso tanto escolar, laboral (para aqueles que tiveron vacacións) como político, no que se retoman os temas que quedaron pendentes ou se intenta recuperar aquelas asignaturas que se suspenderon en xuño.
No concello de Sanxenxo notase máis que nos outros que se acerca o outono pois inda que parece que chegou o calor, que se fixo de rogar nos mes de agosto, os servicios que se prestan minguan de forma sorprendente como por exemplo a escaseza de socorristas nas praias ou coma na da Lanzada que non hai ningún desde o comenzo do mes e se hai algún percance hai que acudir os postos do Grove que si os manteñen pois a xente segue acudindo as praias e as bandeiras azuis seguen ondeando inda que os servicios polos cales se lles concederon xa non se encontren operativos. E que xa se sabe que Honra e proveito non caben no mesmo peito
Outro dato é a finalización das festas de Santa Rosalía que son as últimas en festexarse e a celebración da Feira da Cebola no que este ano a presencia habitual dun concello de Asturias brillou pola súa ausencia e os premios foron dados os mesmos premiados que anos anteriores e o máis comentado pola maioria de asistentes era o paseo da comitiva dende o concello ata a Plaza do Mar para a continuación dar comenzo da entrega das Cebolas de Ouro este ano presentado por Tete, e menciono isto porque me chamou a atención porque o guión estaba escrito en castelán pero dixo varias veces a palabra ristra que no medio das palabras castelanas choca moito meter unha galega inda que algunha outra máis se lle colou na presentación.
O descenso da plantilla dos auxiliares da polícia local polo que remata o control da movida, a identificación masiva dos asistentes o botellon, o control do horario de peche de alguns locais de Portonovo, dunha cousa podo estar seguro que a moitos deles non se lles van a votar de menos pois a alguns a antipáticos non habia quen lles gañase e sobretodo cando había algún evento en Sanxenxo non lle fixeras moitas preguntas que lles molestaba. Pero xa se sabe que come ben e non mires a conta de quen.
Pero agora que comenza o novo curso vamos a ver como saen adiante os proxectos que teñen enriba da mesa como o de acondicionar os colexios neste mes no que as clases comenzan o día 12 e os rapaces van poder disfrutar de talleres de albañileria, pintura, fontaneria, ......, a verdade que se o pensamos ben ten a súa vantaxe pois asi os cativos poderan decidir si seguen estudiando ou de maiores queren adicarse algunha destas profesións, agora que eu me pregunto ¿Por que esperaron o comenzo das clases e non os acondicionaron durantes as vacacións? ¿Ou será unha nova para que as APAS non lles dean a tabarra e como non hai plazo de execución retrasaranse de novo co paso dos meses? Será porque os que van a acometer esas obras estiveron de vacacións en xullo e agosto e para iso que non son funcionarios do ramo educativo pero a crítica é porque os nenos van estar rodeados de obras e xa se sabe que os cativos son moi espelidos e cando te das conta seguro que estan enriba dun andamio facendo unha pintada, o mellor asi descubrimos un artista.
Para rematar vou deixar unha frase que aparece no Catecismo do Lábrego e estase convertendo no fiel reflexo dos que vivimos en Sanxenxo e di: ¿Que é a priguiza? É un luxo que non podemos permitirnos os que traballamos, ¿Que é gula ? Eso non llo pregunte ós labregos: as xentes acomodadas lle podrán responder ¿Que é envexa? Un aguillón que se nos crava na alma cando vemos os bens i a facenda dos veciños (sobre todo o patrimonio que algúns van adquirir a conta de todo un pobo)