Pois o tema das vivendas para xovenes creo que neste concello esta complicado, pois as que tiñan previsto facer en Sanxenxo non lles quedou máis remedio que paralizar o proxecto todo por querer ser máis intelixentes co resto. Hoxe na Xerencia de Urbanismo o concello ten que paralizar como mínimo 6 planes urbanísticos entre eles estan un en Soutullo de 290 casas, o PEI 16 e 17 en Padriñán, o PEI onde se ia facer o mercado e tamén onde se ian facer as vivendas para xovenes sito detrás da Igrexa nova de Sanxenxo,....,. Si, pero agora resulta que mandan un comunicado a prensa para botarlle a culpa a Xunta dicindo que os teñen que anular ou suspender por culpa da lei dos 500 metros , JAJAJA, a culpa e toda vosa por facer un PXOM ó grande, sen ter en conta os veciños, sen mirar polo futuro dos que vivimos en Sanxenxo, e so pensando nas grandes obras e nos beneficios de algúns e agora chegan as consecuencias porque fixestedes un PXOM que esta sin adaptar a LEY 9/2002 e claro agora aféctavos a lei dos 500 metros que paraliza todo durante 2 anos ata que se adapte o PXOM, pois tempo tivestedes para amañalo pero claro como en Sanxenxo somos mellores que o resto pasámonos as leis polo forro e agora veñen os pataleos e votar as culpas os outros. E non vos queixedes tanto que si do 10% de aproveitamento que lle corresponde o concello non o venderades todo (SU 1,3,6,7,8 e 11 e PEI 10) ven podiadelo adicar a VP (Vivenda Protexida) e ainda por riba vades e nos SU 13 e 14 vendedes o 20% que a lei esixe para vp en cada poligono e como ben dixo Teresa Táboas no parlamento "de 109 concellos so 7 ofreceron solo para VP"e que claro a maioria dos concellos do PP o que lles importa é o montante económico que xeneran esas vendas e o de Sanxenxo non ia ser menos e asi conseguir cartos para obras faraónicas e grandes escaparates electoralistas e mentras os xovenes de Sanxenxo vamos comprar a outros municipios, e digo eu se eses pisos non se van facer a lo menos nos próximos 2 anos ¿A que se dedica INSULA? ¿Se non van facer os pisos cal é a súa función? Se non xestiona o 10% de aproveitamento para VP ¿que compra de terreos esta xestionando para VP?
E outro dato: a Xunta confirmou que insta o concello a anular o SU do Telleiro en Noalla, por non habelo sometido a unha evaluación ambiental, este é o terceiro caso que se produce despois dos de Major e Montalvo, neste as vivendas ian ser 134 pero o máis grave de todo isto non é a evaluación ambiental senón que aproban un SU sen acceso a el, non preveen no PXOM os viales que dean servizos e así a parte de comprar a casiña había que facerse cun helicóptero para poder chegar a cear. Esto xa foi avisado polo BNG que votou en contra da aprobación como ven se reflexa no Diario de Arousa para que logo digan que os colle por sorpresa. O novidoso desta paralización é que nas outras había un prazo de un mes para paralizar neste esixe a anulación “de oficio” e nos dous casos anteriores fixeron caso omiso dos requirimentos polo que me da a min no nariz que neste vai pasar o mesmo, así que a Consellería pode interpoñer un contencioso-administrativo ¿Para cando?¿A que espera a Consellería a actuar se se incumple a lei?¿Vai quedar soamente nunha ameaza? Agora que se a xustiza e favorable a Consellería os promotores teñen dereito a indemnizacións por danos e prexuicios porque o concello lles dou licenza, e agora ben ¿Eso terémolo que pagar entre todos cos nosos impostos? Porque non creo que os que lles concederon a licencia se fagan responsables. E quen vera a Angel, a Caty, a Rafa (xerente de urbanismo) e a Jose Maria defenderse ante tanto avogado e grandes peixes das promotoras que non estamos a falar do pequeno construtor do lado da casa que inda o podes amedrentar, ¿A ver como sairían desa? Porque xa se sabe ante os cartos non hai amigos e eles xa o padeceran nas propias carnes que é hai donde mellor se aprende a lección de humildade e respeto, (porque os do soldos non é respectar os veciños)
A todo isto so me queda decir que vai sendo hora de que as actas da xunta de goberno, dos plenos, das comisións de urbanismo, ...., teñen que facerse públicas porque creo que como veciñ@ de Sanxenxo teño dereito a saber o que pasa nesas reunións e que fan os políticos e xa que agora temos unha páxina web deberían colgalas ou ¿non interesa amosalas? Para que non se descubra a cantidade de erros, de contenciosos e demáis cacicadas que se aproban ou se pretenden facer. Noutros concellos xa o fan, pero neste creo que vai sendo hora de que se faga ou que acudamos a pedilas pois estamos no noso dereito pois para iso os votamos, así que veciños hai que empezar a reclamalas e vexamos realmente o que sucede hai, xa vai sendo hora de que nos escoiten.