Como se pode deducir do título hoxe o artigo esta adicado a Salvador Dúran (399.326 ptas/mes; 28.800 €/ano; dedicación parcial) Concelleiro de Persoal e Seguridade Cidadá.
Un concelleiro que antes de adicarse a política adicábase a vender nitramón, ratibron, sementes, abonos,.... ademais de outros articulos necesarios para o campo, pero claro según conta a familia o negocio non ia ben e entón tomou a decisión de meterse na política a pesar que parte da familia inda hoxe non se explica esa decisión despois de estar loitando contra a Ronda debido a que parte da familia estaba afectada pola dichosa ronda vai e acepta a oferta do PP (¿xa sabería o soldo daquela?) e non é de estrañar que o negocio vaia decaendo pois estamos nun concello que non reservou ningún metro a protección agrícola co cal dentro de pouco seranos difícil poñer leitugas, pementos,..., ou as famosas cebolas, que se venden o día de Santa Rosalía, nas nosas hortas por se algún mal veciño nos denuncia verémonos abocados a replantear os cultivos e adicar os metros de terra a xardín, pero xa se sabe que mandar rapaces á vendimia é cousa perdida.
Salvador e un dos concelleiros que máis deu que falar este verán pois a menudo almorzamos coas súas ocorrencias na prensa cando non era para falar que habían contratado a menos socorristas que o ano pasado (o que nunca contou foi que despediron a 2 que estaban na praia de Silgar e presuntamente cobraron o soldo ata o remate do contrato) saia falando do aumento da policía local e os logros acadados por este corpo como era a identificación de 3, 20, 15, 7 rapaces cada noite dos centos que facían botellón nas praias (como ben conta Jose nun articulo do seu blog) e incautaban doses ridículas de drogas e logo patrullaban pola zona de Portonovo para pechar os locais.
Na sua faceta de concelleiro de persoal pouco hai que mencionar pois a sua labor ou e ineficaz ou escasa xa que moitos dos funcionarios quéixanse da falta de persoal e isto reflicte na atención os veciños porque o servizo que prestan e insuficiente, e que non lle cadre de ir na hora do café, e pouco máis lle queda que mediar cando os funcionarios e os sindicatos esixen que se lles suba os soldos, e como todos xa sabemos quen son os funcionarios que manexan o concello so me queda darlle un consello que é que cando os que mandan perden a vergoña, os que obedecen perden o respeto.
Menos mal que agora xa remata a temporada da recolleita dos produtos do agro e así lle podra adicar tempo a labor no concello e idear un plan de seguridade cidadá para que nos sintamos seguros, espero que ese plan inclúa a persecución de ladróns e das persoas que se apropian dos bens alleos en forma de nóminas astronómicas.
Unha vez amosado o plan tamén lle podra facer unha oferta o concello de abono, plantas, ferramentas de xardinería,...xa que debido o aumento das zonas verdes, os parques e xardíns amosen a sua mellor cara e así contribuír a que o negocio non decaia, o concello aforrar uns cartiños e se hai algunha intoxicación por nitramón xa temos un experto no concello para que so quede nun susto.
Salvador xa sabes que se queres engadir ou avanzar algo dos teus proxectos sabes que aquí estamos esperando como auga en maio (que sabes que e a mellor rega para os cultivos)