Estos son os que dende onte poden sentirse orgullosos e durmir tranquilos logo de dinamitar os servizos públicos de Sanxenxo.
Moito presumir de Centro de Día, moito alardear dese centro, moito paseo electoral a sacar fotos cos velliños, ...........para que logo en vez de baixarse os soldos a realidade actual prefiren recortar servizos.
Apostan pola privatización de servizos tanto de centro de día como das garderías porque sempre é mellor mellorar algúns petos que poñerse a xestionar, porque moito presumir da gardería do Tombo, do seu funcionamento, do ben que se facían as cousas e agora a privatizan.
Sacanse a paga extra por mandato de Rajoy non por iniciativa propia, porque estes a única iniciativa que teñen é a de cobrar a fin de mes sin xestionar nada.
UPSSS xestionar nada? non, o único que se lles da ben e traer a Panorama, debe ser que facendo festas os veciños xa non temos crise, nin hai paro, nin dependentes, sobran prazas de gardería, ..... e a saber inda a sorpresa que nos teñen preparada porque vendo as vellas glorias cantantes e populares que se están a pasear por concellos veciños medo me dá so de pensalo.
Xa me gustaría velos a mín padecendo o que están sufrindo e vivindo a maioria dos veciños de Sanxenxo, ........... eso sí que Panorama e seguro que as sardiñas para os turistas o 25 non han de faltar.
Enterense que en Portonovo o que se precisa e o clube de piragüismo e non vela paseando coa vara nas pracesións, en Noalla, en Dorrón, en Bordóns, en Vilalonga e en Nantes tamén hai festas, pero as fan os veciños porque acaba de sentar unha base porque se o concello fai as festas de Portonovo tamén as ten que facer as do resto do concello porque suponse que todos os veciños somos iguais.
E o que queira festas que as pague pero a min como veciña e como persoa importame ter uns servizos básicos aos que temos dereito .
Menos fogos artificiais e máis partidas para Benestar e Dependencia, e lembrolles que por moito ir a misa e procesión hoxe nadie esta libre de necesitar estes servizos porque hoxe estamos ben pero mañan xa veremos.
Espero que non necesitedes destas axudas porque eu si vou ter memoria para lembrarvos como arruinachedes os servizos básicos e ao concello. Porque hai algo que se chama hemeroteca e a miña é moi ampla porque eu non quero este presente nin o futuro que estades a diseñar para os meus fillos nin para os meus maiores.
Xa o dixo o outro día que con 2.700 euros non se pode permitir ter hipoteca pero moitas familias están a facer números para vivir con 420 euros. Tende o valor de decirlle eso as familias con nenos dependentes aos que se lles resta un 15% das axudas e teñen que pagar os medicamentos.
Sei que vergonza non teñen e que cara teñen moita e dura, xa non o esconden, pero tamén vai sendo hora que o pobo reaccione porque todo esto pinta moi, pero que moi negro.
Xa non hai axudas as Anpas, non hai actividades extraescolares, subiron as tasas da gardería, non hai axudas as asociacións de cultura ,............ xa se cargaron parte dos dereitos educativos e de igualdade entre parroquias e agora carganse o resto. Porque menos viaxe da terceira idade e máis axudas no fogar.
Non me vale que dende as vosas poltronas poñades caras de indignados cando estedes lendo estas palabras porque vai sendo hora de que as vexades escritas moitas máis veces, porque coa verdade vaise a todos os lados pero a vos non vos da nin para despegar o cu da cadeira de coiro onde estades sentados.
E si, estou indignada:
* indignada de ver a onde nos estades levando.
* indignada de tanta prepotencia e mentira.
* indignada de ver como os recortes son so para nos
* indignada de sufrirvos porque co meu voto non estades ahí nin nunca o estivechedes nin o estaredes.
* Indignada???????????? non o seguinte
Deronse aires de grandeza, pasearon polo Ritz, por un parque de 7,5 millóns de euros que de coidado as veces ten ben pouco, quixeron prácticar deporte nunha cidade que resulta que nin cidade e inda por riba a saber de quen é, quixeron codearse cos xaponeses facendo o rídiculo e ofrecendo unhas leiras de xestas e poñendo no curriculun de facebook que traballou na Cámara de Comercio Hispano Xaponesa que debeu ser cando foi mercar sushi ao Corte Ingles e xestionando os 5.000 postos novos de traballo dos veciños, ................ e sin olvidar esas partidas de golf que ían ter cos valencianos.
Xa so queda recuperar aquelas veladas onde elixían a "Lady Sanxenxo", veraneante de postín e regresamos ao pasado onde para que o médico te atendense había que levarlle o mellor galo e o viño mellor da casa.