sábado, 4 de agosto de 2012

Manifesto da plataforma de afectados por preferentes

Achego o manifesto que me achegaron dende a plataforma de afectados por productos bancarios tóxicos ( Preferentes, ...) para a súa publicación:




MANIFESTO DA PLATAFORMA DA COMARCA DO SALNES:

Bos dias compañeiros e compañeiras. E bós dias para todos aqueles que nos queiran escoitar.

Os que estamos hoxe aquí, representamos soio unha pequena parte dos
centos de afectados da Comarca do Salnés, uns poucos dos miles de afectados na provincia de Pontevedra, e na Comunidade Autónoma Galega; pero somos unha das ramas activas e vivas de ese árbore que brotou en Galiza, e que seguen medrando a pasos axigantados, lamentablemente por causa de ese afán obsesivo, voraz e sen escrúpulos das institucións bancarias e dos Gobernos, que postos a o servizo do capitalismo, dos especuladores, e na procura do, control e nianexo do Poder Totalitario, non tiveron reparos en meternos en, esta andaina, con enganos e artimañas mais propias de pillos, embaucadores e timadores, que de asesores, guardiáns custodios e xestores dos aforros dos séus clientes e cidadáns contribuíntes de este pais.

Sí, CONTRIBUINTES DO PAIS, porque nós asemade de ser aforradores como reinvindicamos en tódolos ámbitos, éramos unha parte importantísima no desenvolvemento económico do País. Nós, formábamos parte da clase media de este País a cal nos tempos nos que vivimos, onde a maioría das
persoas, está encadeada a un crédito o a unha hipoteca, onde o paro é o mais habitual no ámbito familiar; nós, grazas o produto dos aforros de moitos anos, de pasar estreiteces nos anos mozos, algúns no mar, outros na emigración, outros deambulando por distintas partes de España, pero todos privándonos moitísimas veces de caprichos, luxos, e cousas superfluas, para reservalo para os nosos fillos, netos, ou para nós mesmos para cando fóramos maiores ou o precisáramos en unha enfermidade. 

Eramos os UNICOS con posibilidades de mercar un coche, de mercar nas tendas, de consumir nosv bares e restaurantes, de arranxar as nosas vivendas, dándolle traballo a electricistas, carpinteiros, fontaneiros, albaneles e demais, axudar a colectivos sociais e culturais. En resumo, eramos unha clase social media que CONTRIBUIA a que os nosos veciños e semellantes tiveran uns ingresos para poder subsistir. CONTRIBUIAMOS a o pais co pago dos impostos durante moitos anos, e co as retencións laborais no caso dos xubilados. E claro, en un pais onde non hai de onde sacar ... ¿ Quén teñen os
cartos?.

A clase media ( os aforradores ), e os pensionistas ( que cobran cada mes ), logo ... Pois liada iA por ellos!. iCómo actuar?. ¿Cal é o perfil do galego?. O galego e cauto ( non arrisca ), desconfiado ( cos estranos), ambiguo (non se define públicamente); pero a o mesmo tempo, e fiel a os séus principios, a
séus oríxes, a o séus ancestros, reacio a cambiar de status, e medoso ante a novidade.
Conxugando todo isto, foi como se tramou o engano, a estafa encubei-ta, sen pensar nas consecuencias que a o longo podía tér. ¿Saben en canto se estima o capital medio retido en cada Concello de Galicia?. Nada mais nin menos, que cerca de 3 millóns de euros, que os afectados deixan de reinvertir
na sociedade galega.
Por iso nos, non lle reclamamos soio a o Banco, se non tamén a o Goberno para que tome cartas no asunto, po lo interés xeral da economía galega. NON somos inversores nin especuladores. Somos AFORRADORES ESTAFADOS, que nos vimos atrapados en un fraude masivo, po la falla de supervisión, e po la irresponsabilidade dos organismos reguladores e supervisores de este tipo de operacións.

Cómo se pode falar de iiiversores aquí en Galiza, onde soio no ámbito de esta plataforma de mais de 300 afectados, o 65% de eles son xubilados e pensionistas, un 20% son parados, e soio o 15% restante somos traballadores ou autónomos. Pero tamén hai estudantes: Sergio 22 anos, Inés 21, Santiago
19, e nenos Leticia na Illa 13 anos, Manuel de Vilalonga 1 1 anos, Sergio de
Meaño 9 anos, ou Celia de Nantes 12 anos. ¿Qué se nos vén vendendo agora?. ¿Con qué se nos ameaza?. ¿Con qué se nos presiona?.
Con unhas normas europeas que non permiten outra solución que unha "quita", e onde Bruselas nos considera acionistas-inversores, e que debemos asumir parte do coste do rescate europeo.
Con un arbitraxe imposto po lo Banco, que puxo unha auditora para facer unha criba e elexir quén acudirá a un láudo mediado por profesionais do Instituto Galego de Consumo, ofrecido po la Xunta de Galiza.

Quén confia na parcialidade dos mediadores?. ~Quén segue confiando no Banco, cando acaban de rexeitar a proposta de un acto de conciliación previo por parte de 37 compañeiros da Plataforma do Morrazo?. E cando non aceptan ningunha outra canle de resolución que non sexa o arbitraxe. Cando co as súas derradeiras declaracións, dín que se "teñen que defender", e que non recurriron a sentenza do noso compañeiro José Luis porque ainda non recibiran o beneplácito de Bruselas e do Goberno, pero que agora que o teñen, sí o ván a facer con todos los casos que éles consideren que non houbo engano.

Están seguendo a o pé da letra, as instrucións de Europa a o Goberno do Estado Español, para "que se tomen las medidas oportunas para garantizar el aceptamiento del arbitraje por parte de los afectados, que presumiblemente van a rechazar". Están sembrando a dúbida sobre as ventaxas coa ameaza da
pérdida de unha alta porcentaxe do capital, ou de que non nos libraremos de unha quita. O que está claro, e que o láudo po lo arbitraxe non admite recurso, e para revisalo, ténse que pedir a súa anulación, cousa moi  complicada, na cal teñen que concorrir moitos factores, demostrando (con probas) defectos de forma na desinación ou información dos árbitros.

Por iso, nós non queremos un árbitro, xa que nunca tivemos intención de xogar ningún partido. Nin acordamos un torneo, nin vendemos as entradas, nin buscamos un premio para o gañador. Soio queremos o que é NOSO, que nos perteze por dereito, e que nos foi "colocado" por medio do engano e amparándose na confianza na entidade, e nos séus diretores.

Po lo tanto, reinvindicamos que soinos AFORRADORES ESTAFADOS. Esiximos a incorporación dentro do FONDO DE GARANTIA DE DEPOSITOS do 100% dos nosos aforros atrapados, a DEVOLUCIÓN INTEGRA e inmediata en todos aqueles casos en que a situación económica sexa acuciante para o afectado, e no seu defecto para o resto, unha conversión a un PLAZO FIXO, con intereses a convir, e con un periodo de tempo que non supere os tres anos.
Creemos que pode ser unha boa medida para negociar, na cal soio fai falla ter vontade por ámbas partes, e na cal incluso o Banco tería un inarxen de tempo para o seu reflote, sen temor a unhas represalias a nivel social desastrosas para os seus intereses futuros.
Con esto, creio que queda demostrado que os UNICOS que procuran un achegamento razoable somos NOS, e que éles soio buscan a recuperación da credibilidade perdida, manipulando as inforinacións e as noticias, fomentando a incertidume e o desasosego entre os afectados, e facéndolle  creer a opinión pública que o problema queda resolto, cando a realidade é moi distinta. Cada ves, póñennos mais CONTRA AS CORDAS.

Así que compañeiros/as, agora mais que nunca: FIRMEZA, DIÑIDADE, E TODOS UNIDOS, A LOITAR PO LO QUE É NOSO.