miércoles, 8 de agosto de 2012

Acta pleno orzamentos.


Neste enlace: ACTA  podese ver a acta do pleno onde se aprobaron o orzamento do 2.012 e no cal se recolle a seguinte intervención da alcaldesa:


A Sra. Alcaldesa dixo que a cantidade de 54.000 euros era o que lle costaba ao concello, non o
que cobraba, cantidade que alcanza os 2.700 euros ao mes por presidir todos os organismos do
concello, pagándose todos os gastos. Engadiu que a comisión informativa se convocou facía unha
semana e que dende o grupo de goberno se fixo un traballo exahustivo mantendo servizos na dificil
situación en que se encontra a economía. Manifestou que cos impostos municipais non se financian, nin de lonxe, os servizos que se prestan e afirmar o contrario é estar fora da realidade.
Recordou que o presuposto do concello en 1998 era de seis millóns de euros e na actualidade,
ascende a 36 millóns, sendo este incremento un gran logro. Por último indicou que era evidente
que a dedicación parcial por 20 horas non quería dicir que só se traballara este tempo, senón moito
mais, tan só significa que non se aporta á Seguridade Social, porque xa se dispón doutro traballo


1. Si non quere presidir tantos organismos o ten ben sinxelo con eliminalos xa esta.
2. E que eu sepa todo traballador ten gastos para ir traballar: desplazamentos, vestiario, .... a non ser que use uniforme, pois si quere reducir gastos que use uniforme e de Portonovo a Sanxenxo pode ir camiñando que non queda tan lonxe.
3. Se quere máis ideas hai unha boa lista delas, senón que llo pregunten os que non chegan a 1.000 euros ao mes nin de lonxe.