A parte de para facer unha chea de chanchullos urbanísticos porque tan so hai que ver a cantidade de sentenzas en contra e que certas "empresas amigas" tivesen vía libre e que agora empezan a chegar os autos de derribo outro dos usos é o mangoneo que se fan coas licenzas.
E logo lees certas noticias na prensa: " La actualización del catastro sacó a la luz 843 viviendas en Sanxenxo, situando el censo de inmuebles en 29.666 [...] Según los datos que maneja el ORAL en Sanxenxo se recaudará en concepto de contribución (urbana, rústica y de inmuebles especiales) un total de 5,58 millones de euros " Faro de Vigo quedame claro que a lixeira sospeita que tiña de que na xerencia o de controlar as obras non o facían nin que lles caísen os ladrillos diante dos fuciños.
1. Pero claro agora que ao Presi Louzán lle fai falla cartos para seguir mantendo a súa oficina de emprego particular resulta que coa revisión do catastro de Sanxenxo van a recaudar un total de 5,58 millóns de euros máis entón que fixeron estos últimos anos?
2. E co 10 % ( suposto) que se leva o ORAL por cobrar os recibos de Sanxenxo van ser investidos en Sanxenxo? NON
3. Pero a que con esa recaudación e o 10% si dende o concello tivesen a xestión directa deste imposto e movesen un pouco o cu habería cartos para servizos sociais é básicos?
4. Vale xustificar todo a conta da crise para ocultar a mala xestión?
5. Non vai sendo hora de eliminar ese chiringuito de Xerencia si total agora non hai licenzas que dar e se aforraría o alugueiro dese baixo?