En principio poderíase dicir que en Sanxenxo concurren a estas eleccións 5 partidos, dos cales dous seica son independentes, dos cales un deles denominado SAL presume de ser un partido liberal e intentan desvincularse do PP a toda costa.

Non so basta dicir que so o número tres desta lista foi exconcelleiro de urbanismo con Telmo e foi na lista de Catalina, pero logo faime gracia ver as fotos do mitin de Rajoy na praza de touros e ver entre os asistentes caras tan coñecidas que din apoiar ao SAL e que non queren saber nada do PP, si esto é asi que facian nese mitin? porque as mañas xa as teñen aprendidas e a estas alturas non van aprender maís nin de Rajoy nin de Louzán,
Que se deixen de falar de escisión é que empecen a contar realmente os seus intereses, porque si houbese escición non mantendrian reunións con dirixentes do PP. Si, reunións entre SAL e PP recentemente. A xogada esta clara: creamos un partido para que os cabreados con Catalina sigan votando a un partido popular oculto tras outras siglas e así seguimos repartindo o pastel, que inda quedan propiedades sin legalizar e un polígono criando malvas.
Non hai moitos días houbo unha reunión que na sede do PP en Pontevedra entre Louzán, Telmo Martín, Paz e Gonzalo Pita. Que fai o candidato do SAL reunido con dirixentes do PP e coa nº 2 de Catalina? Que estan tramando? que pactan? estanlle cavando a tumba a Catalina? Sabe Catalina dos movementos que fai a súa nº 2? ou Paz vai por libre e non lle conta nada a "la Grande"?
Non creo que esa reunión fose para falar do tempo ou para evaluar o crecemento dos eucaliptos nos montes da provincia de Pontevedra. Pois non. Cando algo nace viciado e con "intereses propios" non hai diferencia, so o mesmo can con distinto colar. Da igual o nome que lle poñamos, da igual que use pantalóns ou saias ao final o todo vai dar ao mesmo punto: SALVAR O SEU PROPIO CU, e os veciños a seguir esperando por servizos básicos e por un concello digno e non por ser conocido como a Marbella galega e todo o que esto significa, xa destruiron os montes, xa temos un campo de malvas, unha costa que cada vez ten menos costa e máis intereses privados, ... que falta? Aderezar as telarañas das arcas municipais cun pouco de sal.
Claro que logo mentras unhas matanse a escribir no facebook que o sal non é unha escisión do PP por moito que o queira deixar claro, será porque non lle contan as reunións que manteñen co PP pero xa se sabe que as amizades fan extraños compañeiros de cama, cando antes vias a Senadora e a Almudena de compadreo agora ves a Senadora e a Isabel de visita na tenda da 6 do SAL, bo rollito entre todas mentres entre a alcaldesa e a súa numero 2 que inda non sabemos que lle ten adxudicado, porque vai presentando a todo a lista e adxudicando carteiras como se fose ZP e olvidouse da Senadora.
Lembrar que hoxe a noite en Telesalnés emitese o debate entre os candidatos a alcaldía de Sanxenxo despois das noticias desta canle.