Despois de tomarme un día para mirar as diferentes reaccións ao acontencido na entrega da raia de Ouro ao clube de piragüismo penso que se desperdiciou unha oportunidade, xa que non sempre se ten unha plataforma onde revindicar o que tanto anos se leva pedindo.
A necesidade dunha sede en condicións para clube é vital, os nenos non poden seguir prácticando o remo nesas condicións. E por moito que haixa quen non o quere ver e máis sendo veciña de Portonovo e alcaldesa do concello a aposta polo deporte é fundamental na infancia. Pero xa sei que pedirlle implicación a alcaldesa e a senadora cando decidiron suprimir o aútobus das actividades extraescolares é un esforzo inútil. Prefiren o aforro no benestar dos nenos a ter que aforrar nas dietas e en gastos superflùos existentes no concello.
O pobo de Portonovo apenas se implicou na manifestación porque xa se encargaron antes de apaciguar as augas. O realmente significativo foi que os nenos e pais/nais encheron a carpa da festa da raia, dato que deixa patente que a festa da raia esta totalmente desvinculada co pobo pasando de ser unha boa festa do pobo a quedarse nunha festa máis, si non fose por esta protesta a carpa estaria valeira e tendo en conta que inda asi faltaban moitisimos veciños de Portonovo e moitos pais e nais.
A alcaldesa apurouse a dicir que si os de piragüismo lle botaban o guante ela o recollia para facer a sede, pois haille que lembrar que será por guantes porque levan moitisimos anos reclamando esta sede, a pesares de que o presidente do clube estivo moi comedido nas suas palabras mentras a alcaldesa sonria "cinicamente" de orella a orella porque xa sabía que estaba todo controlado e ningúne lle ía interrumpir a sua media hora de protagonismo, inda que algún concelleiro levantouse cando se lle ia entregar o premio ao clube que supoño que seria para non escoitar os abucheos ou ben para avisarlle a poli local que estiven atentos.
Outro dato que me chamou moito a atención foi a ausencia do presidente do CETS pero si a presencia do segundo de abordo e 4 na lista do PP, vamos que moito dicir a alcaldesa que algúns estaban por ser época electoral e vai ela e xa promociona o seu número 4. Pero este protagonismo non me extraña xa que hai quen di que vai ser o sucesor de Catalina, que para iso xa se encargou de confirmalo Feijoo o sabado na praza de touros a figura paternal que tan ben recordamos como alcalde.
Tamén cabe destacar a cobertura que tivo o acto e a información que se deu en TeleSalnés sobre o mesmo pero cando priman os intereses en vez da información chegase a conclusión que poderoso cabaleiro é Don Euros.
A realidade é ben sinxela: Catalina non ten interese en facer o novo clube porque o que lle interesa é ter sempre a quen botarlle as culpas para tapar a súa inutilidade.
Inutilidade que ben demostrada quedou hoxe nas declaracións que fai sobre a Xerencia de Urbanismo, tardou 4 anos en darse conta de que non funciona e a 20 días das eleccións acaba de descubrir a solución: unha veciña de Portonovo, e para iso antes tivo que traer un Xerente fillo dun alcalde do PP e tamén se dou conta da importancia das vivendas unifamiliares, pena que estas no PXOM foron as grandes perxudicadas a favor dos famosos SUs que están abandonados. Douse conta que os Veciños que fan casa pagan os seus impostos mentras as grandes constructoras nas que deixaron boa parte do chan urbanizable deste concello marcharon deixando todo desfeito e sin pagar as plusvalias e os impsotos. E claro quen vai pagar todo isto: os veciños como sempre. Porque xa me diran que milagro sucedeu estos días para hai un mes ter que esperar ata un ano por unha licencia e agora din que nun mes se tardara dous meses, ou ten unha panda de inútiles na Xerencia ou sabe que a este paso o soldo perigalle.
Pero que non se preocupe polo soldo que lle pagamos os veciños porque esperemos que o 23 de maio estea na cola do inem como os máis de 1.500 veciños de Sanxenxo.