Que urbanismo era un total desastre moitos hai tempo que xa o tiñamos máis que claro. E logo de ir sumando xuizo tras xuizo, sentenza tras sentenza e cando non lles interesa o resultado pois recurso tras recurso o desta semana xa é algo por demáis.
Primeiro temos a sentenza anulando o proceso de contratación dos auxiliares de polícia local por segundo ano consecutivo vemos como Salvador di que vai recurrir, total que máis da recurrir unha máis e si se perde paga Don POBO.
E logo tamén coñeciamos a sentenza do edificio da rúa Progreso ratificando o seu derribo por ser ilegal. Pero claro xa coñecian a primeira sentenza e recurriron e inda así en vez de esperar o que decía a segunda concedese licenza de primeira ocupación, esperpéntico total. Que máis si total as indemnizacións as pagara Don POBO.
E inda se lles ocurre sair a palestra dicindo que van intentar buscar unha solución para abrir unha rúa que lles dea acceso, vamos si agora iran facer unha modificación puntual do PXOM para abrir novas rúas para axudar a un promotor ou acaso pensan abrir a rúa pola parcela da denunciante?
Pero claro como esta semana todas lle ian caindo contrarias pois xa mañan sacan unha que lles sae positiva para ver si así a xente se esquece un pouco desta e que mellor que publicar un titular dicindo que o TSXG da a razón ao concello no litixio pola obra da rúa Cabanillas.
Esta claro que os avogados con Sanxenxo non lles falta traballo e van pasar unhas boas navidades a base de centola cos honorarios que lles pagamos Don POBO.