viernes, 3 de diciembre de 2010

As baterías de litio I

Nestes días farei un recopilatorio de todas as noticias que sairon estes días sobre a fábrica de baterias dos xaponeses pero sin embargo hoxe quero pegar un extracto dunha nova que lin no Diario de Pontevedra que di o seguinte:

"A planta de baterías, en mans dos investidores
Sobre o proxecto de Mitsubishi, Guerra asegurou que a decisión depende, nestes momentos, "dos investidores", aínda que non puido precisar a data exacta na que se saberá se a planta de baterías se situará finalmente en territorio galego. A iso engadiu que a Xunta xa fixo "todo o que estaba nas súas mans" para atraer este investimento á comunidade. A planta de baterías tiña todas as papeletas para ser situada nun primeiro momento no polígono de Salvaterra-As Neves, pero unha sentenza xudicial en contra descártao practicamente nas quinielas.

Os candidatos a albergar o proxecto multiplicáronse nas últimas datas -Narón, Pontevedra, Tomiño ou Nigrán foron algúns dos lugares que se ofreceron ou foron ofrecidos pola Xunta- ante o zumento premio que ofrece o consorcio nipón: 1.500 postos de traballo indefinidos e un proxecto que rolda os 500 millóns de euros.
"  (Diario de Pontevedra)


Esqueceron a Sanxenxo?